Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O menciñeiro á forza

viernes, 27 de mayo de 2016
Foi en 1969, hai 47 anos, cando Xosé Manuel Carballo Ferreiro, crego e escritor, daquela formador do Seminario de Mondoñedo, verqueu ao galego a obra “Le medecín malgre lui”, de Moliere, que en castelán é El médico a palos”, e el bautizou como “O menciñeiro a xasteirazos” e logo“O menciñeiro á forza”.

A obra presentouse aquel 1969, polo Nadal, en Goberno de Castro de Rei, e desde enton –urbi et orbe- nos máis diversos lugares. Primeiro, por un grupo de mozos e mozas de Castro de Rei, e logo –xa constituídos en grupo teatral- por Os Valuros.

O nome era verdadeiramente simbolico xa que se rescataba unha multisecular tradición de xentes que vivían nas terras de Castro de Rei, con especiais artes para convencer e encandilar, que eran medio meigos e medio moinantes, que non lles caían nada ben á Igrexa, e que pasaron á historia cunha lenda negra que os condenaba como xente ruín.

Os novos Valuros levaron o teatro galego de Xosé Manuel Carballo, esta e outras obras, por toda a xeografía galega, por diversas ciudades españolas, ata o Centro Galego de Barcelona, sendo a máis representada na Galicia da emigración… E disfrutaron como unha auténtica victoria que un grupo de rapaces do rural de Castro de Rei viñese en 1980 ao salón Rexio do Círculo das Artes representar “Vaise pechar unha casa máis” de Xulio Pita e Xosé Manuel Carballo.

36 anos despois, os Valuros volven a Lugo, precisamente ao Círculo das Artes, a representar –agora, si- “O menciñeiro á forza”. Será hoxe, venres, ás oito da tarde, a beneficio da Asociación provincial contra o Cancro, e algúns dos actores son os mesmos que naquela ocasión histórica triunfaron diante do público lucense.

Poucas veces se dan circunstancias coma esta de que un grupo teatral afeccionado teña tan longa vida, volva actuar no mesmo lugar senlleiro, cunha obra que xa é historia teatral e social, con igual ilusión, coas mesmas ganas de volver conquistar a afección teatral lucense. É un feito histórico, e por iso os que amamos o teatro, coñecemos as realidades do rural, e sabemos das dificultades de manter anos e anos unha iniciativa cultural, temos que estar alí para animar aos actuantes e para ser testemuña dun feito histórico.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES