Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: Recuperar a memoria

lunes, 04 de diciembre de 2006
Necesaria, e mesmo imprescindible, na actual situación da sociedade española, perigosa e intencionadamente, desmemoriada. Á vista están as palabras e acontecementos das últimas semanas. Velaí dous feitos que produciron escándalo a maiores e a pequenos. Protagonistas, os que, polo cargo/responsabilidade deberían ser mestres e destacadas testemuñas dunha valente e contaxiosa integridade cívica e moral do País.

Estamos a falar dos máximos dirixentes dos grandes partidos que sustentan o goberno e a oposición, coa absurda, innecesaria e vergoñenta pelexa dos criticados vídeos. Como nenos mimados e maliciosos, baleiros de vergoña, coa agravante de nos tomar aos españois por bobos e de nos invitar a ser cómplices nas súas falsificacións e mentiras. Mesmo co cinismo de negar evidencias. Imaxes trucadas e renuncia á realidade das súas propias palabras e feitos. Moitas e moitos de nosoutros sentimos vergoña allea.

Pola outra banda, os bispos, reunidos en Asemblea Plenaria, veñen de publicar unha Instrución sobre a situación moral!? de España e prevéñennos do “perigo de que se abran vellas feridas”. Para máis inri, no “ano da memoria histórica”. Como se non tivesen demasiado interese en que se repoña a xustiza, se recupere a verdade e se devolva a dignidade. A non ser que queiran volver ao silencio cómplice ou a tapar en falso as feridas aínda non curadas ou mesmo acubillalas para sempre eternamente.

Urxe unha forte e continuada terapia persoal e de grupo. Como cidadáns libres e adultos nun país democrático e como cristiáns responsábeis e comprometidos, desde a fe, nun seguimento, serio e coherente de Xesús que chega, de novo no Nadal, para recordarnos que aínda queda moito por facer ata conseguir implantar a verdade e o amor/servizo neste noso desnortado mundo. Para acadar a verdadeira liberdade e sermos todos máis libres. Sen asumir e liberarnos do pasado, apoiándonos na verdade e na xustiza, non haberá futuro esperanzador posible. Cómpre recuperar a dignidade. A nosa e a dos demais. Só deste xeito é posible a reconciliación. Con nosoutros mesmos e cos demais. Algo no que os cristiáns deberiamos ser auténticos especialistas e ata modélicos.

Este camiño é o que sementa a verdadeira esperanza. Esperanza que ven traer Xesús no Advento,o pórtico do Nadal.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES