Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cadea Xeracional

jueves, 26 de mayo de 2016
Todos vimos máis dunha vez una cadea.
Non só vimos unha cadea, vimos moitas clases de cadeas:
-Cadeas para levar colgadas ó pescozo como adorno ou como obxecto relixioso.
-Cadeas para atar.
-Cadeas humanas formadas por moreas de persoas reivindicando algún dereito, etc...
Tódalas cadeas están formadas por elos, por eslabóns, por aneis…
Para que a cadea faga a súa función debe ter os elos en bo estado. Cada elo ou eslabón vai engachado no anterior e máis no seguinte.
¿Certo?
-¿Qué pasa cando se rompe un deses elos ou eslabóns, cando se desengancha?
-A cadea queda divida en dúas; se non a amañamos deixa de facer a súa función primitiva. Temos dúas cadeas, pero xa non teñen as carácterísticas da anterior.
¿Certo?
Ben, pois coa cadea xeracional pasa algo parecido:
Sobe unha nova xeración, observa o mundo. Ve moitos fallos e moitas calamidades e di:
¡Eu discrepo!
¡Hai que modernizarse!
¡Hai que rachar co pasado e facer doutra maneira!
E permíteselle, alegando que os de agora estudian moito e saben máis que nós e ven a vida doutra maneira…
E mentres haxa cartos abondo e xuventude para satisfacer ese ritmo de vida; todo vai ben:

-Cando antes se conservaban as tradicións…
Agora rexéitanse, non se pode ser retrógrado. ¡A onde vas con esas..!
Cousa rara:
Visitámo-los castros, o petróglifos as mámoas…os documentos antigos e rachamos coa xeración anterior…
Eu non o entendo…
¿Vostede, si?
-Cando antes os avós eran tamén os padriños de bautizo e adoitaban poñerlle o seu nome ós netiños para conserva-la tradición familiar.
Agora os avós xa son avós.
Para padriños búscanse amigos ou amiguetes que hoxe son e mañá non son.
Con tal de que fagan un bo regalo…
E á criaturiña pónselle un nome nunca visto, canto máis orixinal e raro mellor
Para aprendérmolo as persoas maiores, temos que facer números…
¿Qué gañamos con eso?

-Cando antes casaban facendo plans para toda a vida, tanto na saúde como na enfermdade, nas duras,nas maduras…
Hoxe van a proba e dura mentres todo vai vento en popa a toda vela. Logo… cámbiase de parella igual que se cambia de coche ou de lavadora. É dicir trátase á persoa como un obxecto.
Antes unha palabra equivalía a un documento, agora…
¿Onde quedou a formalidade?
¿Non estaremos perdendo as formas?

-Cando antes se celebraban as festas do patrón e convivíase en familia e en comunidade…
Hoxe os avós van bota-la partida ó centro social, a un balnmeario ou a unha viaxe do IMSERSO…
Os xoves vanse á discoteca, os adolescentes para o botellón e os nenos… enchufados a unha máquina de xogos.
¡Moito cambiou o mundo dun tempo a esta parte...!

-Cando antes os avós e pais ensinaban as primeiras oracións ós nenos das familias cristiás; hoxe os debuxos animados nunha tablet encárganse doutras cousas ben diferentes.
¿Onde queda a relación entre os membros da familia?
¿Onde quedan as vivencias que outros experimentamos no colo dos avós arredor da lareira?
¡Co bonito que era!

-Cando antes a familia xantaba toda xunta, hoxe o pai faino no bar do polígono industrial, a nai no restaurante do lado e os nenos no comedor escolar.
¿Queda tempo para disfrutar da familia?
¿Non estaremos perdendo o norte?

-Cando antes había que madrugar os domingos para ir á misa onde che daban unhas instruccións e unha disciplina de vida máis ou menos ordenada…
Hoxe érgueste a mediodía porque como fuches para a cama ás seis da mañá…
¡A cousa non é para menos!
¡Basta con ter que madrugar toda a semana..!
O da Igrexa é propio de sociedades ignorantes…
Ós de hoxe en día, eso non nos di nada…
Nin que Deus fora algo temporal e pasara de moda.
¡Vaia, vaia!
Algo así tamén lles pasou ós que se puxeron a construír a Torre de Babel e todos sabemos como acabou a cousa.
Podería seguir co lista.
Hai materia para longo; pero ímolo deixar aí.
Se a alguén lle di algo, mellor que mellor.
Se non…
¡Mala sorte!
Estarei eu enganada.
Con todo o enganada que poida estar, permítaseme dicir:

¡Canto cambiaron as relación familiares en pouco tempo!
¡Canta riqueza tradicional se perde diariamente..!
-¿Quen ten a culpa?
-¡Quen a vai ter: o mundo!
O mundo hoxe vai así -dirán algúns.
Pero… pregúintome eu:
¿Quen é o mundo?
¿Non somos todos e cada un de nós mesmos?
¿Non seremos nós mesmos os causantes desta ruptutra xeracional?
¿Onde está o límite entre a tradición e a mal chamada modernidade?

¿ONDE ESTÁ O LÍMITE?
Este será o título do seguinte artigo.
Pero non quero rematar sen antes contarlle un pequeno segredo:
Eu estou en idade senil, pero gozo coa xente xove e procuro conectar con ela todo canto podo. Son unha desas persoas que loita pacíficamente -igual que vostede- por manter en bo estado a cadea xeracional.
Todos temos algo que aportar, algo que compartir e moito que aprender.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES