Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder dunha pita prodixio

lunes, 23 de mayo de 2016
Era o día sete de maio de 2016 cando eu –convidada pola miña amiga Alicia López Pardo- acudín a unhas xornadas de Nova Escola Galega que tiñan lugar no C.P.I de Cervantes, en plena montaña lucense. Cheguei alí das primeiras.

A verdade é que era tan cedo que só estaban como media ducia de rapacería e máis os da organización: tres ou catro adultos.
Eu dixen para min: ¿Qué fago eu aquí?
Xa levo sete anos xubilada…
Tamén llo dixen a Alicia que andaba moi atarefada cos preparativos.
Ela –supoño que sería para consolarme- respondeume:
“Ti aínda tes moito que ensinarnos”
E acto seguido presentoume a Fran Candia, membro da organización, quen dixo:
“Eu a ti, téñote visto algunha vez”

Xa me sentín algo máis ubicada.
Andando o día, empezaron as maxistrais ponencias, todas extraordinarias: descenso poboacional, traxectoria do C.P.I de San Román, loita polo ensino rural, posibilidades para o desenvolvemento na montaña, a riqueza arqueolóxica, iniciativas interdisciplinares do C.P.I de Cervantes co medio, proxectos de escolarización…e a experiencia de Alicia coa “Pita” dos Prados.
Entre os ponentes estaban persoas moi sabias, cargadiñas de sabedoría e experiencia que expoñían maxistralmente e moi ilusionadas a parcela que lles tocaba: o alcalde do lugar, o director do Centro, un enxeñeiro agrónomo, un arqueólogo, varias veteranas mestras da montaña, profesores do Centro, presidenta da ANPA ...
Eu gozaba aprendendo tantas e tantas cousas de todas aquelas persoas. Tantas e tantas cousas que descoñecía dos Ancares…
Xa celebraba estar alí. Sentíame cómoda.
Resultábanme moi enriquecedor.
A concorrencia de público subía por instantes: persoas de diferentes lugares, diferentes ramas do saber, diferentes idades, diferentes procedencias…
O Salón de Actos do C.P.I. de Cervantes convertiuse nun auténtico formigueiro de emocións.

Emocións que xiraban arredor da esencia do lugar, das sabias disertacións dos ponentes, da enerxía que se experimentaba, das vivencias con sabor a aldea, dos valores da xente da montaña…
Pero o epicentro daquel volcán de emocións chegou a primeira hora da tarde cando Alicia López Pardo expuxo con documentación abundante a súa traxectoria educativa por aquelas terras.
Todo xiraba arredor do “PODER DA PITA PRODIXIO”, DA PROFESIONALIDADE DE ALICIA E DOS ESCOLINOS DOS PRADOS.
Aquela famosa pita –que un bo día apareceu de xeito providencial pola escola dos Prados, onde exercía como mestra Alicia nos anos 1975-78.

Aquela experiencia tan entenrecedora da pita, tocou as fibras máis sensibles de tódolos presentes cando Alicia calurosamente rodeada dos seus “escolinos” dos anos setenta do século pasado, empezou coa súa disertación:
-As bágoas saíanlle por tódolos poros.
-Os aplausos chovíanlle a toneladas.
-As emocións non se podían conter.
Era un espectáculo familiar, entrañable, conmovedor.
Os protagonistas principais desta entrañable historia eran:
-Unha mestra moi noviña e miudiña con aspecto tenro e infantil; que máis ben parecía unha neniña que unha profesional do ensino.
-Unha aula improvisada encima dun cortello cun piso de madeira en estado ruinoso, sen luz, sen auga, sen calefacción, sen material escolar…
-Un recuncho na alta montaña lucense onde un fato de “escolinos”, procedentes de diferentes lugares compartían vivencias cunha mestra e unha pita intrusa.
-Unha PITA escapada non se saben ben de que galiñeiro que se lle ocorreu entrar un bo día na “clase” e integrouse na aula como unha escolina máis. Entrou, caladiñamente, por unha ventá que lle faltaba un cristal.
E acollérona como un membro máis da Comunidade Escolar.
Adoptárona con amor e tenrura. Fixéronlle un espazo nos seus corazóns e –cando se cansaba de andar de colo en colo- instalábase na papeleira.
E encontrouse tan a gusto alí que ata empezou a poñer ovos e máis ovos…
Cos seus oviños fixéronse moitas tortillas, moitas merendolas, moitas convivencias e tamén algunhas estratexias coa dona da pita.
Ata deu pé a que a editorial Galaxia editara o “LIBRO DA PITA”

A experiencia pedagóxica coa “pita”, tamén quedou no corazón dos seus escolinos para sempre, hoxe persoas adultas.
E tamén no corazón de Alba, que hoxe é mestra, filla dunha escolina de Alicia que tivo unha sinceras e profundas palabras de agradecemento.
E o relevo profesional xa está vixente en Cervantes.
Dous entusiastas mestres noviños aparte doutros moitos, apoian a experiencia.
E un novo escolino está á cola: Martín, quen nos trouxo con moito coidado e cariño, a súa “pitiña” e todo o que eso significa:

O C.P.I. de Cervantes tamén aportou unha boa colaboración, representando nun vídeo a peculiar experiencia pedagóxica, estreitamente vinculada coa vida real da zona naquel momento.

Colaborou todo o Centro, aínda que o profesor encargdo de presentalo, foi Mario:
Mario, o profesor de Tecnoloxía, participou moi activamente mostrándonos un vídeo da Olimpiada Matemática, outro de Experiencias Tecnolóxicas e -como non- o da “PITA”, moi sabiamemnte confeccionado polo alunmado do Centro.
Rematou así a xornada do primeiro día: todo un acontecemento educativo de extraordinaria relevancia..
Grazas a todas cantas persoas fixeron posible unha experiencia inesquecible.
A min chegoume á alma.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES