Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Premios Galicia de Comunicación

viernes, 01 de diciembre de 2006
O Colexio de xornalistas de Galicia ven de rexeitar públicamente que a Xunta conceda anualmente os “Premios Galicia de Comunicación”, como ven facendo desde os primeiros tempos da autonomía.

Quizais hai que considerar que somos democráticamente maiores de idade e non é lóxico que o goberno autonómico, a través do organismo que corresponda, conceda premios a medios e xornalistas polo labor que estean a facer en relación con Galicia, a súa historia, a súa tradición, os seus valores.

Non deixa de ter razón o Colexio de Xornalistas sobre esta cuestión, porque os medios deberan ter nacido para ser un contrapoder, pero non. Efectivamente, poden ser contrapoder os medios informativos que non dependen da Xunta de Galicia para nacer e vivir. Os xornais en papel e os de internet, nacemos libres coma o vento, ó noso albedrío, sen máis inspiración que as dos nosos creadores, sen máis condicionamentos que a competencia, sen máis... bueno: dependendo, para a subsistencia, da publicidade do noso primeiro cliente teórico, que é a Xunta de Galicia e o resto das institucións que dela dependen.

Pero as radios e as televisións dependen da Xunta para nacer, ou para morrer. Porque agora para que unha radio ou unha televisión naza ten que haber previamente unha licenza, unha concesión, graciable, graciosa, do organismo autonómico, outorgado nun concurso aberto no que todos podemos participar pero non obter. Algúns nacemos predestinados á non obtención nestes concursos, que teñen máis altos destinatarios.

En fin, que os premios “Galicia de Comunicación”, non son peores que calquera outros, pero teñen o perigo de converterse nun premio ó bo comportamento informativo. Non con Galicia, senón cos gobernantes de cada momento.

Por eso, este e outros premios, para xustificarse moralmente, públicamente, debían integrar no Xurado a unha serie de profesionais independientes que aporten opinións menos condicionadas e avalen os resultados que se obteñan.

Tal como están, os premios Galicia son unha subvención outorgada polo poder. Pero agora que as subvencións van estar debidamente regulamentadas –eso queremos crer- e suxeitas a unha normativa, que estes premios deixen de estar lastrados coa canga do poder e se abran para que corra o aire vai ser bo para Galicia, para os medios de comunicación, para os profesionais, e hasta para as autoridades que os conceden que non terán porque ruborizarse á hora de entregalos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES