Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis do mesmo

jueves, 19 de mayo de 2016
Que o mundo está pasando unha etapa de moita inseguridade e moita violencia… Dínnolo os xornais cada día.
Que España está pasando por una situación nunca vista… Tamén o vemos tódolos días nos medios de comunicación.
Que nos sorprendemos cada día con algo novo…
Pois tamén.
Que non sabemos moi ben en que vai quedar todo esto…
O tempo o dirá.
Uns tempos traen outros.
Se chegamos aquí desta maneira….
As súas razóns terá.
-Que se a culpa téñena os que gobernan…
¿E se gobernara vostede como o faría?
-Que se hai moita corrupción…
¿Cando non a houbo?
O que estea libre de pecado, que tire a primeira pedra.
Todos temos as nosas miserias. Uns máis que outros, pero ninguén está libre.
¿Ou vostede si?
-Que se patatín, que se patatán…
Pode haber tantas razóns como persoas porque cadaquén fala da feira según lle vai nela.
Pois si.
É certo que estamos pasando por tempos difícles; pero …
¿Cando non foi así?

¿Sabían os nosos avós o futuro que lles esperaba?
Non, certamente que non porque por non ter non tiñan nin tempo para pensar no futuro.
Traballaban de sol a sol e punto.
Bastábanlles os traballos de cada día.
Sobrevivían malamente como podían.
¿Viviron tempos moi difíciles?
Moi difíciles, con guerra e postguerra incluídas: fame, necesidade, estreiura…
¿Saíron adiante?
Saíron.
Pasarían moitos traballos pero de fame non morreron.
¿Tiñan todos pagada a Seguridade Social para a súa ancianidade?
Cónstame que moitos, non.
Daquela…
¿Quen se encargaba deles cando non podían?
¡Quen ía ser!:
¡A familia, para eso está a familia!
¿Estaba ou segue estando?
¿Imaxinaban os nosos pais que o futuro da nosa xeración ía ser como foi?
Penso que non.
A nosa foi una xeración que deu un salto mo grande.
¿Por qué sería?
-¿Porque tivo sorte?
-¿Porque lle tocou vivir tempos de bonanza?
¿Por qué vivía nunha época de moita estabilidade?
¿Por qué traballou duro?
A boa sorte é un factor importante na vida. Por eso desexamos: saúde e sorte para todos.
Nos tempos de bonanza entran varios factores: estabilidade política, traballo e -sobre todo- valores.
Na miña xeración dábaselle moita importancia ós valores morais, relixiosos, tradicionais: honradez, formalidade, respeto ós maiores e ás autoridades, con fianza… etc...
Andando o tempo alguén deu en dicir que aquelo era moi anticuado e que había que modernizarse…
¿A que lle chamamos modernizarse?
¿A tirar polos aires o legado dos nosos antepasados e poñerse a construír castelos no aire?
Pois a min paréceme que algo deso pasou.
Conseguimos algúns cartos coa chegada da industria e fóisenos o santo ó ceo.
Pensamos:
¡Ancha é Castela!.
¡Todo é liso e llano!
¡Todo o monte é ourego!
¡A viviiir!
Tampouco se pode dicir que foran tempos de moita estabilidade política: tivemos que pasar por un período de transición: da dictadura á democracia.
Pasamos pacíficamente.
Como debe ser: convivindo e traballando duro para mellorar a nosa calidade de vida.
Pero… ninguén nos regalou nada.
Todo foi “a puño y letra”
Traballar, aforrar e invertir.
Traballar, aforrar e invertir.
Traballar, aforrar e invertir, aproveitando os talentos de cada persoa en particular.

¿En que situación se encontra a xuventude de hoxe en día?
É unha etapa diferente á que nos tocou vivir á xeración anterior, pero por ser diferente non esixe menos esforzo nin menos sacrifico nin menos valores.
Cónstame que hoxe en día a xuventude que traballa duro e conserva os valores vai saíndo para diante con moito éxito.
Son persoas que aproveitan os seus talentos desde nenos:
-Levan una boa base familiar.
-Estudian duro.
-Adquiren una boa formación.
-Non regatean esforzos.
-Conservan a tradición e o legado das xeracións anteriores.
-Loitan pacífica e honradamente para construír un mundo mellor.
-Non fan ruido
-Céntranse no que hai que centrarse…
Neles está o futuro.
Neste tipo de xuventude está o noso futuro inmediato.
Viven uns tempos tan difíciles como viviron os seus avós e os seus pais, pero levan nos xenes o espírito dos maiores e coa axuda de todos, construirannos un futuro mellor.
Non o poden construír eles sós por moi ben preparados que estean. Necesitan o empuxe, o ánimo e a colaboración dos maiores tamén.
Os maiores tamén os necesitamos a eles.
Non se pode romper a cadea xeracional.
“CADEA XERACIONAL”, este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas, moitos ánimos e moitas forzas para esta xuventude actual e moitas grazas a cantas persoas se dignaron ler estas reflexións miñas.
Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES