Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como cambian os tempos!

lunes, 16 de mayo de 2016
Recuncho Hebdomadario:
Como cambian os tempos!

Algunha que outra vez búrlome da velocidade do AVE coa expresión: “fiiuuu!!, e xa está, é dicir que, zas!, e xa pasou.Como cambian os tempos! Que expresión usarei cando chegue o tren supersónico Hyperloop? Seica empezan a realizar probas con este prototipo que é capaz de percorrer 600 quilómetros en menos de media hora. Ou o que vén significando a unha velocidade de 1.223 quilómetros por hora. Que se o comparo doutra maneira é como se dixera que o tempo que uso no traxecto que realizo todos os días desde Ourense a Maceda, póñome en Madrid e sóbrame o tempo para coller o Metro. Penso que ata un suspiro tarda máis en saír do peito (lembrade que, ás veces, lánzanse suspiros moi longos) que o Hyperloop pasando por diante dos meus ollos. Case cheguei a definilo coa expresión “nun suspiro”, pero que va, que va; a velocidade do tren supersónico Hyperloop xa non ten nome. E co ben que se ía no carro das vacas desde Baños de Molgas ata o monte Medo, a uns tres quilómetros. Como cambian os tempos!
Como cambian os tempos!
Os tempos cambian tanto que ata o Papa lle abre as portas ás mulleres para que poidan oficiar vodas e bautizos. Normal. Víase vir. As parroquias están quedando sen curas e non se pode perder ese poder relixioso que domina as almas duns cantos. Ou duns moitos. Pero, por que non pode a muller celebrar actos relixiosos? Se manda na casa familiar (por moito que o home leve os pantalón), por que non pode mandar igual na casa “de todos”? Ata penso que seríamos algo máis santiños. Con tanto bicho solto que anda por aí. Ademais, non é o mesmo recibir unha hostia dun cura que dunha muller. Non oh! Vaiche boa!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES