Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cambiantes preocupacións colectivas

miércoles, 29 de noviembre de 2006
Periodicamente, os poderes públicos investigan en relación cos temas que máis preocupan colectivamente, tanto como para saber por onde camiñan as ideas, como para poder orientar as súas decisións futuras de acordo coa sensibilidade dos administrados.

O Cis, Centro de Investigacións sociólóxicas, publica periodicamente o seu barómetro social, que marca a dirección dos ventos de opinión.

O máis recente destes barómetros, de hai uns días, indica que a maior preocupación que na actualidade existe en España é o da inmigración, cun 49,%, cunha baixada de dez puntos sobre a do mes interior. Séguelle o paro co 40,7%, a vivenda co 30,3% e o terrorismo co 18,9%. Despois están os problemas económicos, a seguridade cidadá, a calidade do emprego, a clase política, a agricultura ou as drogas.

Non parece que o tema da inmigración afecte de xeito especial en Galicia, e a proba está na convivencia interracial perfecta que se rexistra no norte da provincia de Lugo. Sí o paro, a vivenda, e o terrorismo. Neste caso, por referencias externas.

Non é máis ca unha enquisa, pero nela reflíctese a nosa cambiante opinión sobre os temas que máis directamente nos afectan. Que afortunadamente non se refiren somente a cousas tanxibles, de primeira necesidade, e poden evolucionar en prazo relativamente curto desde unha marea migratoria ó exterior buscando mellorar na vida, ata recibir similar marea do exterior por ter progresado nesta terra en nivel de vida dun xeito inimaxinable hai poucos anos.

Os ventos soplan según vaia a marcha do país, e o barómetro marca cada mes o rumbo para sinalar directrices, e mesmo para confortarnos diante da realidade que entre todos formamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES