Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María e o Mar de Foz

martes, 17 de mayo de 2016
No Día das Letras Galegas, adicado ó poeta.

Coida un que o mar de Manuel María, como o de Leiras Pulpeiro ou o de Alvaro Cunqueiro, era o mar de Foz. Os tres o tiñan ao norte e a Chaira luguesa e o val de Mondoñedo aquí a saída natural ó océano.

Gardamos na memoria de rapaz a lembranza dos labregos chairegos que, polo remate do verán, tralas duras faenas da sega, a malla e demais labores do campo, chegaban á beiramar a repoñer os seus corpos esgotados, cos nove baños preceptivos e os correspondentes días de vagar. Eran os chairegos de Manuel María que por uns días abandonaban a tribo para acudir á reparadora visita do seu mar…

Acaso non poda decirse que o poeta tivese amores co mar: os seus amoríos eran mais íntimos, mais próximos, daí que a súa lira vibrase con mais emoción ante a presencia do minúsculo Cepelo ou, noutra dimensión, co pai Miño,”un río de luz, polo que algún día habemos navegar”. “O mar -decía él-, é moi grande e eu moi pequeno”.

A evidencia non significa que o vate non fose sensible á realidade maxestuosa do mar, chegando a identificalo co home: ”Nós somos mar. Estamos rodeados, cinguidos polo mar; e mesmo a amosar a inquedanza pola problemática social e fala “das noites de trebón / que fan naufragar a embarcación”, así como da exigua soldada do traballador… ”ao ver o precio do peixe/ é xusto que me queixe/ que non coide normal o diñeiro/ que o mariñeiro/ percibe de xornal…”.

Manuel María foi asíduo do mar de Foz, ó que cantou en versos florecidos na súa louvanza.” O mar de Foz, amiga, de ronseles floridos/ polo que navegan os versos mais floridos/. O mar de Foz, amiga, de gaivotas e navíos / leva por mareas os soños mais esguíos./ O mar de Foz, amiga,o mar dos mariñeiros / ten camiños de gozo e camiños tristeiros./ Eu a navegar, tan soio no meu mar”. “Sinto ó mar en mín, chamarme /coa súa voz rouca, enorme, poderosa/.

É o meu vello amigo/o mar de Foz quen me reclama:/ coñezo o seu recendo rexo e masculino/ e quéreme ó seu pé, / perto dos marñeiros, / dos labregos, / das xentes populares/ para darnos a súa forza/ e poñer en pé a nosa patria.

Viu Manuel María as emotivas festas mariñeiras da Virxe do Carme, das que foi pregoeiro, e no relato “Cando o mar foi polo río” levou ó protagonista, Manuel de Paderna, ás festas do San Lourenzo e a bañarse na Praia da Rapadoira. Sen dúbida foi o de Foz, o mar de Manuel María.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES