Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Así nos vai

jueves, 12 de mayo de 2016
Está moi claro que canto facemos ou deixamos de facer, ten unhas consecuencias.
Tamén está moi claro que tódolos extremos son malos.
Hai quen di que fai cincuenta anos, facíanse moitas cousas por medo.
Según algúns:
-Os fillos tíñanlles medo a seus pais.
-O alumnado ao profesorado.
-Todos, máis ou menos, á autoridade.

Teño que confesar que eso a min nunca me pasou.
Respeto, moito, pero medo ningún.
¡Quen dixo medo!
¿Significan o mesmo estas dúas palabras?
Eu penso que non.
Pero hai quen di que si e –para poñer remedio a estes “medos”- pasámonos ó extremo contrario:

-Agora moitos pais son amigos dos fillos, porque din que así están máis próximos.
Nos meus tempos tratábamolos de “vostede” e -se me viviran – seguiría tratándoos con toda a cortesía do mundo.
¿Ou é que os pais non son un dos mellores regalos que nos fixo a vida?

A min paréceme que un pai é un pai.
Un pai é ben diferente dun amigo por moi bo que este sexa.
Unha nai é unha nai. Non é unha amiga, é algo moi superior.
Se un pai ou unha nai, non teñen máis coñecementos e máis experiencia que un amiguete, malamente.

Un amigo, unha amiga, pode ser hoxe si e mañá non.
Os de toda a vida son unha minoría.
Un pai e unha nai son únicos e irrepetibles para toda a vida.
As responsailidades dun pai ou dunha nai superan con creces ás dos amigos por moi bos que estes sexan.
¡Nin punto de comparación!
¿Cómo puidemos caer nese erro tan grande?

As consecuencias saltan á vista:
¿Cando se deu tanta violencia contra os pais como hoxe en día?
Estou por decir que: nunca.

-Moitos profesores pensan igual.
Habería que pregúntarlle aos seus alumnos de maiores, a ver se o trato de igual a igual, repercutiu máis positivamente no seu rendemento académico. A ver se andando pola vida pudieron tratar aos xefes de ti a ti ou se tiveron que gardar a distancia debida.

Eu traballei no ensino toda a vida. Tiven alumnos que me trataron de vostede e gardan gratísimos recordos daqueles tempos. Aínda é hoxe o día que –para eles- sigo sendo Dona Mercedes.

Tempos atrás moitos mestres collían a xubilación ós setenta anos e estaban ata o último día cun elevado número de alumnos e alumnas de tódalas idades.

¿Cantos esperan hoxe os setenta na aula?
Ata onde eu sei, case ningún.

¿Cantos se acollen á xubilación anticipata gozando de bo estado de saúde física, mental e profesional?
Practicamente, todos cantos reunen as condicións necesarias.

¿Por qué será?
¿Cómo se entende que un alumno dos de hoxe en día dea máis traballo que tres dos de fai vinte ou trinta anos, para obter peores resultados?
¿Como se explica que tendo tantos medios como se teñen actualmente, baixara considerablemente o nivel académico?

¿Será que con tanra “modernidade” xa non hai que facer traballar a mente? ¿Van a facer todo as máquinas soas?

A min paréceme que a cortesía non debería pasar de moda. Que entre unhas persoas e outras debe haber unha distancia razoable para saber quen é o que ensina e quen o que aprende, quen é o superior e quen o inferior.
Cada persoa ten o seu sitio correspondente conforme ó seu nivel de responsabilidades:

-Un neno non ten as responsabilidades dun adulto.
-As responsailidades do alumnado son ben diferentes ás do profesorado.

-Un paciente non é un médico.

-Non existe ningún fillo que nacera o mesmo día e o mesmo ano que seu pai. A idade é un grado.

-Un subordinado non é un superior. No é o mesmo dar ordes, que recibilas.

Cada cousa no seu lugar.
En tódolos ordes da vida existe unha xerarquía.
Cada persoa ten as responsabiliddes propias da súa idade ou do posto que ocupe na sociedade.
No todo é liso e llano.
A mesma naturaza é a mellor mestra: non é o mesmo un val que un cumio, non é o mesmo a veiga que o deserto. Son complementarios, pero non iguais.

Así con todo.
Necesitamos ordena-la nosa mente se queremos que reine a orde no mundo.
Cadaquén debe ordena-la súa propia vida.
Ninguén o pode facer por outro.

“MÁIS DO MESMO”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas porteme na súa consideración nesta ocasión e polas veces que soubo ocupa-lo lugar que lle corresponde na súa vida.
Seguramente tería moito que contarnos.
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES