Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño. A Igrexa: Unha comunidade de amor/servizo

lunes, 27 de noviembre de 2006
Estamos a falar da igrexa católica, da que dicimos seguir (aínda que non se note moito) a maioría dos españois nativos (e inmigrantes hispano/americanos) e incluso reivindicada como “modelo”a exportar a Europa/Mundo por certos sectores radicais. A mal bautizada “católica España” soa a igrexa pre/conciliar. Que enganosa/absurda presunción! Non lembran (ou non queren asumir) a imaxe negativa que teñen/temos (ou lles damos) segundo as enquisas.

O invento da festa de Cristo Rei é moi recente pero anterior ao Concilio Vaticano II. Nos tempos que non había separación Estado/Igrexa, nin autonomía das realidades temporais do mundo (G.S,36). Hoxe soa anacrónica. Estaba chea de eivas e confusións (“rei pola graza de Deus”) que fixeron moito dano á Igrexa. Por iso é bo que aproveitemos esta oportunidade da festa para revisar a nosa vida e manifestacións á hora de vivir a fe. Cómpre nos miremos cara dentro de nós mesmos e deixar de censurar, atacar e condenar aos demais. Quédanos camiño por andar aos cristiáns deste País para asemellarnos algo ao verdadeiro e único modelo que debe seguir un cristián: Xesús de Nazaret! Certamente, non destacamos á hora da nosa entrega, servizo e amor a Deus e aos demais e menos aínda pola nosa fidelidade/coherencia.

Xesús non veu bendicir o poder, o prestixio, a riqueza, o diñeiro...que levan á opresión. Ao revés. O Reino que El inaugurou e do que nos fala e invita a seguir aos que queiran é o lugar, a situación e experiencia de comuñón, de fraternidade, de loita pola liberdade e a liberación, de compromiso serio pola xustiza e a igualdade. Xesús declárase Rei cando é inxustamente humillado e maltratado pola hipocrisía dun pobre poder humano representado na marioneta de Pilatos. Xesús rexeita e descualifica, co testemuño da súa propia vida, a todos os sistemas inxustos de poder que abondan no mundo. E morre por amor e fidelidade ao Pai/Deus e aos seus irmáns/ás. Xesús reina, por tanto, na entrega, na doazón, na xustiza...no amor.

Con ideas de X.A.Pagola comparto suxestións: Os seguidores de Xesús (nosoutros/as) non somos seus soldados e/ou lexionarios para defendelo. Non quere nin lle fai falla a defensa das armas ou do poder e violencia. Quere discípulos que escoitan e se dediquen a vivir na verdade, na xustiza, na paz, no amor. Xesús veu para ser “testemuña da Verdade” e díxonos “todo o que é da verdade escoita a miña voz e séguea”. Iso é o que pide. O seguidor de Xesús non é o garda da verdade senón testemuña dela. A súa tarefa non é discutir, combater e ou derrotar aos adversarios senón vivir a verdade do Evanxeo e vivir/comunicar esa experiencia..

O cristián (o seguidor de Xesús) tampouco é propietario da verdade senón testemuña. Non impón a doutrina, non controla a fe dos demais, non pretende ter razón sempre e en todo. Vive en conversión diaria a Xesús, contaxia a atracción que sente por El, axuda a mirar ao Evanxeo e pon en todas partes a mesma verdade de Xesús na súa vida. A Igrexa atraerá á xente cando vexan que o noso rostro/vida se parece á de Xesús e que a nosa vida recorda a súa.

Unha forte aperta, na fe/confianza de que imos abrir un novo Advento, cheo de esperanza.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES