Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Admiración polo Schwarzenegger Ourensán

martes, 10 de mayo de 2016
Testemuñas da memoria:
Admiración polo Schwarzenegger Ourensán

Quen me ía dicir que coñecería, que sería incluso amigo do Schwarzenegger ourensán. Quen me ía dicir que aquel rapaz, que de cando en vez entraba na pizzaría Vivaldi da Valenzá e se achegaba ata o último recanto da barra, case timidamente, sería a día de hoxe o único culturista ourensán de certa categoría. Aquel rapaz non é que falase moito. Creo que simplemente pasaba para saudar á súa nai ou quizais Admiración polo Schwarzenegger Ourensánpara matar un pouco o tempo. E se algunha vez se soltaba comigo ou con alguén máis era para falar, como non, do fútbol e máis en concreto, faltaría máis, do Real Madrid. Nunca imaxinei a Julián Conde Sorga facendo culturismo.

E seguín sen imaxinalo máis de cinco anos ou así, porque, como o tempo pasa e todo cambia, a nosa relación foi quedando para o recordo ata que o mundo feisbuquián o trouxo de novo á miña actualidade, á miña vida. Que somos hoxe sen as redes sociais? Hai que recoñecer que nada.

Entrou no meu mundo informático, tecnolóxico pois case como se fora, é dicir, como amigo por ser o fillo da camareira onde eu era cliente habitual para os meus cafés cortados. Mal podía imaxinar que ese mundo, que ese feisbuq sería o que realmente me dixo a qué se dedicaba Julián Sorga (prescindiu do primeiro apelido para o nome deportivo). Como coido que facemos todos cando nos atopamos cun “amigo” máis nesa rede social, pegueille un repaso ás súas fotos e foi aí onde descubrín a actividade, o deporte ó que se dedicaba.

Recoñezo que o meu primeiro pensamento foi compadecerme del. A quen se lle ocorre escoller un deporte ó que incluso moitos nin tan sequera saben que existe. O culturismo! Que é iso? Ah, sí; eses “cachas” ós que semella que lle rebentan os músculos. Ah, si; “esa cousa” á que se dedicaba Arnold Schwarzenegger na súa Austria natal. Meu neno, sabes que a nosa sociedade pouco vai máis alá que do fútbol.

Julián Sorga naceu un 8 de outubro de hai 32 anos e iniciou os estudos no colexio de Vilar de Barrio (procede de Porto), pasando polo do Couto, polo San Fernando do Xardín do Posío e pola Farixa para rematar FP no colexio Valle-Inclán. Cóntame que desde cativo facía kick boxing ata acadar o cinto negro, pero como se vía moi delgado quixo coller algo de peso e empezou a compaxinar ese deporte xaponés (mestura de boxeo e algunha arte marcial) coas pesas. Axiña que viu os primeiros resultados, optou xa definitivamente polo culturismo, por poñerse “cachas”.

E vaia se o conseguiu! Xa no ano 2008 empezou a competir tan en serio que quedou subcampión galego. Aí é nada! Do 2009 ó 2013 non se baixou para nada do podio entre segundos e terceiros postos en todos os campionatos que participou, principalmente en Galicia e no norte de España. Este ano volveu acadar o subcampionato galego. A súa alegría foi tal que, sen andar con días santos ou sen pensalo dúas veces, alí mesmo, sobre o escenario de Valga, na provincia de Pontevedra, pediulle matrimonio a Tatiana Conde Sainz, a súa parella. Nunca tal se vira!. E eu pensando que era tímido!

Se dicía ó principio que me compadecía del por dedicarse a este deporte tan minoritario, tan minoritario; agora mesmo teño que confesar que si, que aínda que me siga compadecendo del, non me queda outra que admiralo precisamente por iso, por loitar contra todas as adversidades coas que se atopa realizando esa actividade que moitos nin coñecen e que, polo tanto, descoñecen o sacrificio que hai que levar a cabo para que algúns te teñan en estima. Si ten a miña.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES