Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Analfabetos dixitais e dos outros

lunes, 27 de noviembre de 2006
Pensamos que, conseguida a alfabetización das nosas xentes, a próxima asignatura ou logro cultural está na total alfabetización dixital dos galegos, entendo que non hai progreso se as novas tecnoloxías non se implantan na sociedade.

Así, os novos analfabetos son os que non coñecen as posibilidades da informática e de internet, do manexo dos ordenadores persoais, ou que coñecéndoas non ousan adentrarse neste novo mundo cheo de posibilidades.

Estamos de acordo en que este mundo novo é un mundo de prodixios, de adelantos, e de que o que non accede a el é como un ser humano que se nega a utilizar un dos seus cinco sentidos, co que posiblemente sexa certa a comparación co analfabetismo.

Os analfabetos dixitais inconscientes de selo, agardan por unha acción que os libere das ataduras. Os que o son consciente e voluntariamente, loitando contra corrente, constitúen especie a extinguir.

E quédannos os outros, os analfabetos tradicionais; os que pensamos que non existen.

A concellería de Sanidade de Santiago ven de efectuar un “Diagnóstico de saúde” do seu concello, no que detectaron, como dato complementario, que dos 93.000 habitantes un 1,5% son analfabetos: 1.400 analfabetos na capital de Galicia, cidade universitaria desde hai medio milleiro de anos.

E no resto de Galicia?. E no medio rural?. Entendiamos superado o problema, coa xeneralización da formación e información. E que nin un só analfabeto pervivía na Galicia do século XXI.

Desto, ninguén fala, como se non fose problema. Como se fose problema superado. Como se non afectase a ningunha institución.
A Consellería de Educación debe estudiar o tema, e lanzar unha gran campaña de alfabetización dos maiores que teñen pechados a maior parte dos progresos dos que todos os demáis nos beneficiamos. Os analfabetos dixitais son un problema importante que hai que solucionar. Os tradicionais son unha traxedia que afecta ó máis feble da nosa sociedade; un drama que non pode agardar máis por unha solución.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES