Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por problemas de atención

lunes, 09 de mayo de 2016
É complicado analizar calquera noticia das acaecidas a semana pasada. Porque non se pode analizar o que non se le. Ou o que practicamente non Por problemas de atenciónse le. É certo que ningún día me deito sen ler dous ou tres periódicos. Pero tamén é verdade que esta semana pasada, os que lin, foi coma se non os lera. Incluso o que sinto máis de preto (é o primeiriño que leo á moi primeirísima hora), cando o acabo, non sei moitas veces o que lin. Porque deste e doutros, esta semana, pasaron polos meus ollos tan só os titulares en letras moi grandes. E non por problemas coa vista (son capaz de lelos con lentes e sen eles), senón por problemas de atención.

Teño tanto traballo que ó ler o primeiro (La Región) estou pensando precisamente nese traballo, e ó ler os outros que caen nas miñas mans, a maioría das veces nin tan sequera consigo lerlle todas as páxinas; pois a pesar de ser funcionario, detéñome xusto o tempo necesario de tomar o café. (Para que despois se diga que os funcionarios, todos os funcionarios se dedican a ler os xornais e a botar tres horas tomando café).

É certo que tiña as tardes. Pero tamén botei unha temporada que, por circunstancias da vida, nin estas. Así é que andei un pouco pobre, informativamente falando. Nas comidas e nas ceas, que é onde podes informarte de algo polos telexornais, non son dono nin señor da tele. No coche, camiño do traballo, entre sete e media e oito, escoito as novas, pero ás veces o tráfico cabréame moito e, claro, mando a atención a que vaia dar unha volta pola personalidade ou pola familia deses condutores que me rebentan. Outros tamén me porán a parir, pero.. Total, que non sei o que pasou no mundo. Aínda que, perdinme algo?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES