Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas aos nosos avós

sábado, 07 de mayo de 2016
Nos tempos das redes sociais, as Felicitacións de nadal, cumpreanos e outras por tarxeta postal ou carta, foron pasando de moda. Nós mesmos parabenizamos aos vilaregos que cumpren anos a través do facebook ou twitter, pero resultanls dificil saber cando cumpren aquelas persoas que non están nas redes sociais e moitos dos Cartas aos nosos avós vellos da parroquia. Os nosos maiores xa non reciben cartas, agás as dos bancos ou as das campañas electorais.

A Lareira de soños, recollendo unha idea de Lupe Fernández Pena de agasallar con cartas ou postais de coñecid@s ao seu pai Manuel de Lea, que cumpre 93 anos, pretende extendela a aquelas persoas maiores de oitenta años da parroquia coa colaboración da NPG Nova Poesía Gutirica e á que se pode sumar quen queira, comunicándonos a quen hai que felicitar, e enviándonos a dirección polo messenger privado ou ao correo dosvilares@gmail.com.

Neste caso, poetas da NPG e soci@s da Lareira enviarán por correo ordinario cartas, tarxetas postais polo seu cumpreanos á antiga usanza: de puño e letra.

Sen dúbida, será un grande agasallo para eles, unha agradable sorpresa ver chegar ese numeroso correo cheo de letras e cariño.
Cartas aos nosos avós
Desde aquí, e sempre dacordo coa vontade da familia, ofrecemonos a amplialo a máis maiores da parroquia residentes nela ou fóra.

Unha iniciativa poética e chea de sensibilidade e respeto aos nosos maiores e con un positivo contido social. A Lareira de soños e a NPG Nova Poesía Gutirica fan deste xeito coa palabra escrita un traballo con un fondo sentido de admiración polos sostentadores da nosa memoria colectiva unha homenaxe acaída ás persoas de máis años e que tanto nos teñen dado. Somos conscientes de que a colaboración dos familiares nesta iniciativa vai ser a clave do seu éxito, xa que ás persoas maiores de oitenta años, agás contadísimas escepcións, non usan ás redes sociais e deben ser fillos ou netos quenes nos informen do seu cumpreanos, o que fai aínda máis participativa está idea.

Lembrarase dos nosos vellos, agasallanos con palabras escritas, acariñalos, non costa nada só a vontade de facelo e resulta unha labor moi satisfactoria para tod@s, un pouco máis de calor nesta Lareira de soños...
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES