Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corre, corre, que te pillo

viernes, 06 de mayo de 2016
Pingas de orballo:
Corre, corre, que te pillo


Corre, corre, que te pillo; díxolle a vacaloura á tartaruga cando ían as dúas pola carreira de Bouzas, na vila de Baños de Molgas. A tartaruga mirouna de mala maneira e case lle cospe nun ollo. Non obstante, fixo un pouco máis de forza nas patas e ata coa punta da cola conseguiu empurrar uns centímetros que case a lanzaron a medio corpo da vacaloura. Esta, desdeñosa, deixou asomar un sorriso e espetoulle outro corre, corre, que te pillo. Uuuii, que carallo!, rosmou o sapoconcho, ti andas a alporizarme. E realizou o nunca visto: fixo que chocaba contra un coio que estaba no medio e medio da carreira.Ante o impacto envorcou con tanta mestría e precisión que caeu cara arriba por enriba da vacaloura. Oíuse algo así coma un pequeno estoupido. Corre, corre, que te pillo; foi agora o sapoconcho o que gargallou, mentres, nun alento, nun alustro a súa satisfacción, o seu orgullo e o seu sorriso empezaron a amosar signos de preocupación. Caeu na conta de que quedara coa barriga cara arriba! Manda carallo!, e agora como fago? Tanto orgullo, tanto celo entre dous contendentes, que un estaba morto e o outro... o outro a piques de morrer.

Obxectos de Museo


Ás oito e pico da mañá tiven que baixar a persiana porque o sol reflectía con tanta forza sobre o cristal da ventá, que amolaba. Molestaba tanto que non me deixaba ver a pantalla do ordenador. E hoxe en día, sen ordenador, non facemos nada de nada, nin cruzándonos de brazos. Vimos na época dos ordenadores e dos móbiles. As eixadas e os sachos, nun chiscar de ollos, pasarán ó museo do pobo galego. Por certo, un consello: aqueles que aínda teñan estes aparellos de labranza, que os deixen colgados nas palleiras que, co tempo, serán auténticas reliquias. Así tamén polo menos se lle dá utilidade ás palleiras e alpendres... xa que cobran por eles. Me cago no demo, estou pensando que ata o bolígrafo acabará sendo obxecto de museo. Hai que coidar os dedos, amigos, hai que coidalos. Se nos falta algún dedo para manexar os teclados dos móbiles e ordenadores, malo! Coas aixadas e os sachos manexabamos os riles e punto. Sempre acababan doendo, pero... nas Lagoas e nas Pedradarcas e nas Cortiñas e nas Costelas e nos Xeixales e nos Agros quedaba o estrés soterrado sobre sucos, ás veces mal feitos, pero sucos que, no día de mañá, daban o seu froito. O sol xa non reflicte sobre o cristal da xanela. Xa non molesta. A traballar, lacazán!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania