Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maio florido

jueves, 05 de mayo de 2016
“ Como a meniña tola/ que sae por vez primeira/ con dengue e muradana/ para a festa do lugar,/así xentil e aposta/ vai vindo a Primaveira,/ guirnalda de craveles,/verquendo ó seu pasar…”( do poema “A Primaveira”, de M. Curros Enriquez).

O rei da primavera é o mes de maio, nome que procede de “Maia”, nai de Mercurio, deus que representa o triunfo da vexetación, o “mes das flores”. En maio remata a sementeira do millo e, cando se facía na última finca dunha casa, poñíase no medio, cravada, unha gran rama de xesta en flor; era “poñer o ramo ó maio”. O mes era saudado pola galanura das súas flores: “ velaí ven o maio cargado de flores; detrás ven San Xoan que as trae mellores…”.

Entramos en maio: é tempo de sol, necesario da auga da chuvia que empuxa o paso da flor ó froito. A maio refírense unha chea de refráns e ditos referidos á bondade da auga: “esperado como auga de maio”, dise cando se anhela algo. Acontece a apoteose florida da vida; escoitanse os últimos cantos do cuco e os primeiros do grilo, pregoeiro do “tempo claro”bó agoiro entre as xentes do rural; significa amor, fartura, bó tempo. Comezan as festas do maio florido. A flor como insignia da vida porque no ciclo será froito e novamente semente.” Os maios” son das festas mais populares do ciclo anual. Aproveitando o froito que da a natureza apréciase a creatividade das xentes nas composicións florais ou nas coplas que acompañan ós maios ,fundamentais na escenificación da celebración, cubertos de polas e adornados con flores e vexetación.

Maio é o mes do amor, o mes verde e florido. Amor, vexetación e festas interrelaciónanse entre sí: “ aí ven o maio florido e galán/ tódalas rapazas amores lle dan” (A. Cunqueiro);festas e ritos que sempre se acompañan con cánticos e coplas xeralmente de carácter irónico, das que a literatura popular garda numerosos exempros. En Galicia os maios teñen especial implantación na provincia de Ourense, declarados de interese turístico.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES