Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emilio Sinde Castro de Rei

miércoles, 22 de noviembre de 2006
Era deses lucenses que por apelido levan o seu pobo. Emilio Sinde era Emilio de Castro de Rei, de onde foi alcalde vinte anos (1963 a 1983).

Poucas veces se teñen dado na Terra Chá manifestacións de amizade tan multitudinarias coma a do pasado xoves en Castro de Rei.

Emilio foi durante moitos anos Delegado da Caixa, onde deixara moi claro o tipo de bo home que era, e como nun posto así se pode traballar pola xente e polo país.

Logo foi Alcalde. E Emilio segueu sendo o mesmo, dando exemplo, querendo e facendo progresar esta histórica terra, e participando en todo o que era de interese para Castro de Rei.
Cando ó final dos sesenta impulsei un “Diario da Terra Chᔠnas páxinas de El Ideal Gallego, Emilio foi o primeiro alcalde que veu as vantaxes da iniciativa, e colaborou incondicionalmente.

Non sendo xa alcalde, seguía na primeira liña de actividade, e lémbroo en xuntanzas para todo tipo de organizacións, en actos públicos, no histórico Centro cultural de Bazar, e nos últimos tempos nos actos da Fundación Manuel María.

Usaba bastón para os desprazamentos, pero a enerxía vital que despregaba parecía negar aquela necesidade.

Vivíu na parte máis noble do conxunto histórico de Castro de Rei. Tiña sempre os brazos abertos para acoller ós milleiros de amigos, e os ollos abertos sempre á cultura, á historia e ó progreso.

Tiña unha seriedade innata, plenamente compatible cunha ledicia vital que contaxiaba a todos. Tiña un señorío que quedaba patente coa súa presencia, coa súa palabra, e ata co seu silencio.
Cando un amigo como Emilio Sinde se nos vai, é cando mellor apreciamos as relacións, as experiencias, a vida… e cando notamos o baleiro que deixan as xentes valiosas polo que son, polo que fan, polo que se volcan na atención ós demáis.
Ata sempre, Emilio Sinde, Emilio Castro de Rei. Por sempre amigo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania