Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Prestige do lago Ness

miércoles, 22 de noviembre de 2006
En algún lugar do mundo, un grupo de científicos -expresión da que se abusa sen moito xeito- ven de descubrir especies semellantes ou alomenos parecidas ó lexendario e secular Nessie, que vive no Lago Ness de Escocia, para ledicia de operadores turísticos e políticos da zona.

Galicia non ten, polo de agora, lagos coma o Ness. Temos Antela e Cospeito como exemplos sobranceiros de agresión á natureza e tentativa de recuperación, e ámbalas dúas, coma outras moitas máis, teñen cidade asulagada nas súas profundidades, pero aínda non fomos quen de explotalas abondo como para que constitúan fonte primordial de ingresos para as poboacións dos seus contornos.

Galicia ten algo parecido non lonxe da costa, onde estaba a que criamos tumba mariña polos séculos do malfadado Prestige, Titanic menor, cruz colectiva que tivemos que soportar e sufrir de xeito especial as xentes da costa atlántica.

Do mesmo xeito que no lago Ness aparece cando convén a imaxe do pacífico monstro, no noso panorama aparece de cando en cando o Prestige. Ata agora, só para poñer medo ós adversarios coa súa soa mención, e recentemente de xeito máis contundente, grave, polos presuntos verquidos do seu interior.

Porque o Prestixe garda nas súas bodegas máis dun millón de litros de petróleo que poden sair ó exterior, que xa se di que saen, e que penden sobre as nosas cabezas dun xeito case material.

Non temos lago Ness, pero temos monstro. E teremos monstro por moito tempo. Quixeramos que deste monstro nos falen os científicos e non os políticos. Pero eso é moito querer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES