Marta Rivera e os bobos
Xiz, Xulio - martes, 21 de noviembre de 2006
Coido ter tido no colo a Marta Rivera, aínda que non o lembro, e seguro que ela tampouco. Era a comezo dos setenta canto tivemos varias xuntanzas no ático dos seus pais, e pola casa andaban xogando Marta e Susana, as dúas comezando a vivir.
Agora Marta é maior, publica libros de éxito (sabe escribir!), é recoñecida como excelente creadora, e ven de conseguir ser finalista no premio literario máis importante de España, que os entendidos consideran de máis nivel ca o propio premio.
Estamos diante dunha señora escritora, con prestixio gañado a pulso. E sen embargo ninguna institución lucense a ten declarado filla predilecta, nin feito constar en acta a súa satisfacción, nin enviado un telegrama de felicitación, nin invitado a dar unha conferencia.
Se, en lugar de pluma e intelixencia, Marta utilizase unha pelota e a forza, sería outra cousa.
Toda ledicia ten a súa fel. En Lugo, máis. En Lugo, polo que se ve, a Cultura prémiase con fel, que hai que beber.
Que a admiración xeral che compense, Marta, os silencios de Lugo. Bebe, Marta, bebe o fel que che ofrecen os bobos de baba. ¡Non saben máis!.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora