Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Barbaries no nome das deidades

martes, 03 de mayo de 2016
No nome dos deuses cometéronse moitas barbaridades; e digo deuses porque arestora os que proclaman dende o fanatismo máis abxecto do islamismo que Alá é deus e Mahoma o seu profeta, declararon unha guerra ao mundo occidental onde eles sitúan todos os males imaxinables, unha guerra sen un campo de batalla definido onde os Barbaries no nome das deidadescomandos, moitos deles suicidas, poden operar subitamente en calquera parte. Nesta guerra contra os infieis todo está permitido.

Pero non convén esquecer que isto da loita contra os infieis non che é cousa de agora. Dende que o catolicismo fora legalizado por Constantino no ano 313 polo edicto de Milán, pasou de perseguido a ser perseguidor e puxo todo o seu empeño na defensa extrema dun só deus verdadeiro. Foi esta unha parte da historia que convén ler e recordar porque diante da intransixencia da igrexa católica foron xurdindo movementos, por dicilo dalgún xeito disidentes, que estaban máis preto das teses defendidas por Xesús de Nazaret que das normas, chamémoslle, oficiais. Diante diso a institución católica puxo toda a maquinaria dispoñible para abortar esa oposición incipiente que puña en perigo o seu poder hexemónico. E apuntaron a unha comunidade chamada cátaros (puros) aos que había que parar os pes. O papa Inocencio III proclama a cruzada contra os cátaros nos albores do século XIII e comeza outra matanza no nome de Deus. Un exército de 30.000 homes parte do norte de Francia e cae a sangue e fogo contra Languedoc. Na cidade de Beziérs foros pasadas a coitelo máis de quince mil persoas, mulleres e nenos incluídos. No fragor daquela matanza un oficial pregunta ao prior do Cister que comandaba as tropas como poderían distinguir aos católicos dos infieis e recibe a seguinte resposta: “Matádeos a todos, que Deus recoñecerá aos seus”. E seguiron outras poboacións nunha auténtica orxía de sangue e morte. Os que cometeron aquelas atrocidades levaban unha cruz no peito e recibían a cambio certas recompensas como por exemplo a remisión de todos os seus pecados e un lugar reservado no ceo. A que lles soa todo isto?

Moito tempo despois, en tempos de Felipe II, no século XVI na famosa batalla de Lepanto, na que Cervantes foi ferido, seguíase loitando contra os infieis, os turcos. Dende Inocencio III ata os nosos días pasaron oitocentos sete anos e o mundo evolucionou namentres outros quedaron ancorados no século XIII. Os Yihaidistas, os islamitas radicais emprenderon oitocentos anos despois outra ““cruzada” contra os infieis de occidente, contra unha civilización lesiva as súas crenzas e aos seus intereses. Non se constitúen en exércitos multitudinarios, non entran a sangue e fogo nas vilas e cidades, non establecen campos de batalla, non loitan cara a cara contra os seus supostos inimigos. Constitúense en comandos suicidas aos que tamén se lles reserva un lugar de privilexio no Paraíso, capturan reféns e poñen en escena as súas decapitacións colgándoas en internet, provocan atentados contra xente inocente en nome de abxectos principios como fixo aquel papa no ano 1207, pero case un milenio despois. Hoxe en pleno século XXI sufrimos as consecuencias dun serio problema, un grupo de fanáticos decidiron matar en defensa duns principios difíciles de asumir pola chamada civilización occidental. E matan en nome de deus, do seu deus. Un problema de difícil solución. Oxalá demos coa fórmula.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES