Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Antes de Cristo e despois de Xesucristo

lunes, 02 de mayo de 2016
Acabouse o que se daba. É dicir, empeza de novo a farsa, a gran trapallada dunhas eleccións que se vían vir. Antes de Cristo e despois de XesucristoDunhas eleccións que desganan a calquera. O tempo seguro que o dirá. Non sei, pero dáme a sensación de que haberá unha gran abstención. Porque todo cansa. E logo do esperpento destes meses, aínda máis. Pero, tranquilos, a eles todo lles dá igual. Saben que ou uns ou outros, con abstención ou sen abstención subirán á palestra e farán e desfarán ó seu antollo... á conta dos pombos. E a vivir, que son dous días! Aquí e en Panamá.

Século XXI. Non hai maneira. A xente segue a matarse como antes de Cristo e despois de Xesucristo. En Siria andan niso. Pechan os ollos, lanzan as bombas e que caian onde Alá queira. Que, xeralmente, mirade por onde, non adoitan caer en ministerios nin arsenais nin residencias políticas, van caer xustiño, xustiño nunha escola ou nun hospital; como aconteceu o outro día no hospital de Alepo. Ó mellor pensaban que alí se acochaban as armas ou as tropas inimigas. En todas as guerras sempre pagan os xustos polos pecadores. Ou sexa, empézanas os pecadores e morren os xustos. En todas. Como Deus e Alá mandan. Antes de Cristo e despois de Xesucristo

E os grandes organismos da... paz? crúzanse de brazos. Non vaia ser que molestemos a tal ou cal potencia na súa venda de armas. As guerras, a maiores dos xustos e pecadores, tamén son para iso, para levar a cabo o gran negocio do armamento. Ale, veña, guerras a esgalla. Que importa o século! Que máis dá a cantidade de mortos! Que paguen os xustos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES