Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Venda de propiedades da Igrexa

Editorial - martes, 21 de noviembre de 2006
As propiedades da Igrexa resultan, moitas veces conflictivas. Ben sexa pola súa utilización, ben pola súa pignoración. Remóvense moi vellos sentimentos, que afloran á máis mínima oportunidade.

¿Qué como adquiriu a Igrexa as súas propiedades?. Certamente non hai a máis mínima posibilidade de discutir ese dominio, porque ven ser producto de doazóns voluntarias, fervorosas, conscientes e interesadas. Quen doaba unha propiedade, un ben, á Igrexa facíao pensando na brevidade da vida terrea, na perennidade da vida eterna, na posibilidade de mellorar de situación no futuro cando non de mercar unha pasaxe a un mundo mellor pola cesión dunha propiedade temporal.

Así a Igrexa foi, e quizais aínda é, o máximo propietario deste país, a pesar de desamortizacións, revolucións ou reaccións, que de todo houbo ó longo dos séculos.

Postos nos tempos de hoxe, resulta que os bens da Igrexa rural están tan infrautilizados como calquera outros particulares, as rectorais quedan baleiras, os igrexarios abandoados… E ás veces véndense estes bens para aplicar o importe obtido con fins sen dúbida honorables e xustos.

Pero entón o sentimento histórico dos nosos paisanos desperta, e lembran pasadas situacións de ignorancia inxusta, e asumen que estes bens son deles porque eles son Igrexa, e porque a Igrexa ten que ser de todos.

Difícil situación a da Igrexa nunha transición máis dura que a do País á democracia. Difícil solución para uns bens que resultarán conflictivos para os que compran e para os que venden. Difícil situación para unha Igrexa que busca situarse nunha sociedade á que non entende e na que non é comprendida.

Vender propiedades da Igrexa é un risco importante. Polos problemas que comporta, seguro. Pero, especialmente, porque os bens da Igrexa non son deste mundo, e a Igrexa corre perigo de salirse del.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES