Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Serviron para algo?

lunes, 02 de mayo de 2016
Abandonados definitivamente tódolos posibles intentos de desvelar o imposible xeroulifo da constitución dun goberno estable para este país, unha das infinitas preguntas que quedan no aire á espera da súa resposta nun futuro relativamente próximo é a de se, realmente, serviron de algo estes catro meses transcorridos ata aquí dende a "histórica" noite electoral do 20 de decembro do pasado ano.

Se vostede -benquerido lector- ten algo de tempo libre e se pon a preguntarlle ás xentes do seu entorno máis inmediato nun remedo de micro enquisa de andar pola casa, é moi probable que o resultado final se asemelle a este: Unha maioría significativa probablemente se aliñase coa resposta de que foron meses completamente perdidos, outra parte significativa da maioría restante seguro que se inclinaría polo habitual "non sabe, non contesta" ou, simplemente, por un "non lle interesa" e o resto de micro-enquisados -unha mínima parte, aposto- dirían que para eles estes meses si que lles serviron para algo.

Descoñezo, loxicamente, a súa opinión ó respecto, porque serán tantas como diversas en proporción ó numero de lectores da columna. Ora ben, eu si que sei a miña. E a miña é que si que creo que serviron para algo, por máis que as "enquisas de certo" -é dicir, esas que encargan os partidos e os medios de comunicación ás empresas demoscópicas- veñan anunciando que despois do 26 de xuño todo vai seguir igual en titulares porque tan só mudará livianamente a letra pequena dos informativos.

E creo que estes meses si que serviron para algo porque para ben ou para mal, por acción ou omisión -incluso por inanición-, políticos e formacións políticas ó longo destes insólitos catro meses non fixeron outra cousa ca retratarse. Uns facendo piruetas de dobre salto mortal sen rede na area, outros amosando o nariz vermello de pallaso con ou sen tropezóns, e os de máis alá adormecidos na grada.

É evidente que o electorado, así en xenérico, é un ente sen cabeza (que non pensa) e con formas moi dispersas, por máis que a moitos se lles encha a boca cando afirman que "o electorado falou e agora tócalle ós partidos interpretar a voz do electorado".

Pero ese sumatorio global non está, senón, conformado por millóns de cabezas pensantes -unha a unha- con dereito a voto e esas cabezas pensantes teñen ollos para ver, miolos para pensar e mans para meter a papeleta na urna o día 26.

Por iso creo que estes catro meses si que serviron para algo, pois cada día que pasou, cada cousa que aconteceu foi observada por todas esas "cabeciñas" pensantes que somos todos e cada un de nós. De aí que non poidamos chamármonos a engano o próximo 26 de xuño se finalmente volvemos decidir o mesmo.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES