Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tarde estivo perfecta

viernes, 29 de abril de 2016
Pingas de Orballo:
A tarde estivo perfecta

A tarde do domingo estaba propensa para saír. Saímos. A muller e máis eu. Os rapaces, ó principio, cando estabamos xantando, dixeron que si, pero cando lles dixen que se prepararan, xa estaban eles preparados coas súas maquiniñas, cos seus móbiles e, claro, xa torceron o fociño e puxeron escusas. É igual, á muller e á min non nos mete medo nada, e moito menos se a nosa visita é ver cataratas, fervenzas, algo así como a noso especialidade. Collemos o Pancracio e para Porqueira nos marchamos; autoestrada ata Xinzo de Limia e logo a 301 con dirección a Bande. En Porqueira atópase a Torre e a fervenza do río Fírbeda. Fomos ver primeiro esta porque, xa digo, o noso son as caídas da auga, as caídas espectaculares. A do Fírbeda non lle desmerece a calquera outra. A proba é que xa é a segunda vez que imos. Bonita. Fermosa. Por entre uns penedos inmensos. Había que ir a ritmo lento, porque a muller non está para moitos trotes, pero xa dixen noutro relato que se comportara como unha campioa, como unha heroína. Ó seu paso goza igual da paisaxe e da espectacularidade da auga, incluso do son, do ruído que esboura por entre as carballeiras. Desde a Torre ou o Castelo xa divisamos toda a inmensidade da Limia. A tarde estivo máis que perfecta.A tarde estivo perfecta
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES