Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: Cara á nova humanidade

viernes, 17 de noviembre de 2006
Falando cuns amigos, tan preocupados coma min polo rumbo que está a coller esta nosa sociedade, dicían: “non hai nada que facer, non hai marcha atrás, imos cara un suicidio colectivo, inevitábel” Viñan a dicirme que perdía o tempo. Négome a aceptalo.

Algo teremos que facer aqueles que nos consideramos persoas humanas e responsábeis da marcha deste mundo/sociedade que se nos regalou e encomendou conservar nesta etapa concreta da historia da Humanidade. A vostedes, que lles parece!? Certo que o mundo está enleado en infinidade de calamidades. Algunhas naturais e a maioría delas provocadas polos nosos egoísmos, inxustizas e avaricias. Velaí as mentiras, as guerras, violencias, fames, contaminacións...Que estamos a facer co mundo? Como vai acabar!? O medo ó noso futuro e ó da Humanidade acompaña a esta xeración.

Cómpre reaccionar. Tres xeitos: O dos profetas de calamidades, os da fin do mundo no que abondan discursos apocalípticos de ruína/morte. O dos desanimados, dos que tiran a toalla, se resignan ou se refuxian no consumo, no traballo ou se enroscan en si mesmos fuxindo da realidade. Un terceiro o das persoas (crentes ou non) que son “quen de perder o medo e de manter activada a esperanza” Son os que perciben os feitos como son pero saben que isto no é a fin, que aínda queda moito bo no mundo e que Deus está e permanece sempre connosco marcando o camiño e mantendo a esperanza.

Máis importante có medo ao futuro debe ser o ánimo para vivir o presente en confianza, sabedoría e coherencia. O camiño marcouno Xesús. ”O día e a hora non a sabe ninguén: nin os anxos do ceo nin o Fillo do Home; só o Pai ” E ponnos diante o exemplo da figueira que “cando as pólas empezan a agromar e dan follas...a primavera está a chegar” (Mc. 13,24-32) Para os cristiáns.xa chegou en/con Xesús. Só debemos saber ler os sinais. Meu amigo, P. Vítor dinos: “O que para uns é un obstáculo para outros é unha nova oportunidade. O anuncio da fin do mundo pode ser o principio de algo novo. O erro e a derrota son aprendizaxe e sabedoría. A noite escura acaba sempre na aurora dun día novo. O peor é ficar tolleito polo medo ou enganchado na comodidade ou na resignación que impiden o crecemento” O torto deste mundo hai que endereitalo. O mundo vello das opresións, foi derrubado xa en Cristo. O noso proxecto é seguir o camiño de Xesús. O seguimento implica non só ir detrás del senón tomar o seu lugar, asumir a súa proposta como propia e loitar ata ao final pola liberación da persoa humana

Deus sostén a esperanza. Seguen os sinais. Mentres haxa amor/comprensión coma os de “Ciruxáns do Mundo” de Lugo que veñen (aínda están) de salvar a vida a tres raparigos de Uganda e a un de Chernóbil... quedan (temos) sobradas razóns para esperanza. Ese é o camiño que constrúe a Nova Humanidade. Obras son amores.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES