Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Touriño, presidente

viernes, 17 de noviembre de 2006
Xa nos tardaba escoltar esas palabras. Palabras de Touriño, socialista, Presidente da Xunta, dirixidas a Solbes, socialista, máxima autoridade económica do goberno español.

Ven dicirlle que se non ousou poñer limitacións económicas a Catalunya á hora de falar do Estatuto, non veña agora poñer trabas ó noso Estatuto desde unha perspectiva económica.

E dá gosto escoitar estas palabras de Presidente e non de membro dun partido, representando ós galegos, e poñéndose serio diante do segundo de a bordo do goberno amigo.
Eso é o que podemos esixirlle a Touriño.

Nin lle esiximos nin lle pedimos posturas como as do Partido Socialista dos cataláns que impón a súa santa vontade en temas de política partidaria diante da central e do mesmo Secretario Xeral.

Pero sí firmeza lle pedimos para defender Galicia frente a un goberno central que non parece entender que todos somos iguais diante da Lei e dos dereitos e dos sacrificios económicos. As diferencias, terán que ser noutros temas máis peculiares de cada quen.

Touriño exerceu de Presidente. Que se prodigue e perdure. E que Núñez Feijoo ouse, tamén, plantar cara a Madrid e consiga que Rajoy cale cando non deba falar. E se noutros lugares se lograron definicións de cuasi-nación políticamente correctas, axude a pensar en lugar de plantarse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES