Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novos modelos de negocios dos bancos

jueves, 16 de noviembre de 2006
As grandes empresas procuran diversificar as súas actividades para non aplicar tódolos esforzos na mesma dirección senón que, atacando en varios frentes, consigan maiores garantías de éxito aínda que algunha iniciativa poida frustrarse.

A cotío vemos os movementos accionariais dos grandes grupos, as tomas de participación noutras empresas, as ofertas de adquisición de accións, as intervencións –en fin- de financieiros de novo cuño ou tradicionais provocando crises ou subidas meteoricas.

O BBVA ten un departamento de “Novos modelos de negocio”, que se dedica á venda de cestas e lotes de productos do Nadal, como complemento, nova liña, do negocio principal dun banco que se entende debe ser a “compra-venda” de diñeiro.

Cofres con viños de Ribera del Duero ou Rioja, Caixas de aceite, baúles de Ibéricos, Champán, viño, turrón e outros surtidos, grandes baules ateigados de productos variados, caixas de madeira, caixas xamoneiras, cestas e lotes que se venden ó contado ou con financiación do banco, co que o beneficio é doble.

No folleto promocional, entre as condicións de venda, indícase que “BBVA intervén exclusivamente na intermediación financieira”, pero todo o demáis parece desmentilo, mesmo a referencia á información que se pode conseguir en tódalas oficinas deste banco.

Os bancos venden productos do Nadal, como novo modelo de negocio. ¿Chegarán os supermercados a ofrecer créditos bancarios?. Parece xusto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania