Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu son un maltratador... de bois

martes, 26 de abril de 2016
Non me crerá vostede, pero o título que acaba de ler non é mentira ningunha. Como fillo e neto de carniceiros que son, na miña infancia, na miña adolescencia e mesmo nos inicios da miña vida adulta os matadoiros foron espazos familiares para min. Incluso chegaron a servirme para gañar a vida no primeiro ano de matrimonio.

En fin... Non foi unha vida escollida. Foi a que me tocou e punto. Igual có fillo do taberneiro lle tocou servir cuncas de viño cando no alcanzaba sequera a altura do bocoi. Ou o fillo do dono da fábrica de ataúdes acabou xogando ó escondite entre as caixas sen medo ningún ós fantasmas da eternidade.

É máis, tampouco me sinto avergoñado dela. Nin moito menos. Se cadra, por veces, un privilexiado; pois, por sorte, na miña casa nunca faltou un bo bisté da "blanquita", nin unha tenra costeleta de solomillo con patacas fritas para comer.

Sen embargo, como fillo de usuario profesional dos matadeiros, vin centos de "sacrificios" de becerros e becerras (non vaia ser...) ós que se hoxe se lles aplicase a lei de protección animal, verían cómo tódolos carniceiros e matarifes que houbo na historia deste país ata que a lei entrou en vigor, serían tratados coma indesexables delincuentes por atravesarlle a gorxa coa navalla ós años e ós cabritos para a festa de San José ata que deixaban de esgutiar ou lle daban cun martelo na testa ós becerros denantes espetarlle o coitelo ata o esternón.

Como pode comprobar, queda claro entón que, tanto por acción como por omisión, eu son un maltratador de becerros e becerras, de años e cabritos e mesmo de porcos ibéricos e celtas que tamén caían como moscas polo San Martiño de rigor.

Escribo isto para expoñer as miñas dúbidas sobre se son ou non obxectivo respecto da última polémica xerada arredor da Festa do Boi de Allariz, ou sobre se o animal en cuestión, probablemente descendente dalgúns de tantos e tantos dos que eu vin morrer no matadoiro da Rapela de Celanova, sofre ou non sofre maltrato coa súa participación -é certo que non por el elixida- en tan centenaria conmemoración.

Debo dicir tamén, denantes de chegar ó corolario, que hai moitos anos que non vou á festa -a última vez acabei véndome obrigado a botarlle man ós cornos no portal da entrada do Concello- e que non me gustan as touradas -aínda que si as chegas de bois-, nin españolas nin portuguesas, nin sequera os forcados, porque me poñen dos nervios.

E dito todo isto, debo dicir entón -respectando, por suposto, a quen non me comparta- que me dá que, polo camiño que levamos -de humanizar ós animais e deshumanizarnos nós-, ha chegar o día no que o can durma na cama e no chan o señor. Ah! Dinme por aquí cerca, que ese día seica xa pasou.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES