Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conciencia para o noso interese

lunes, 25 de abril de 2016
Recuncho Hebdomadario:
Conciencia para o noso interese


A semana pasada puxen coma unhas nabizas ós medios de comunicación porque non se lle daba a debida importancia ó terremoto de Xapón, por atoparse este país no outro cabo do mundo, ou sexa, no quinto inferno. No momento de escribir ese recuncho aínda non acontecera o tamén terremoto de Ecuador. E a este si se lle deu a correspondente importancia polo que nos une con eles e, claro está, porque nin punto de comparación no número de vítimas. No de Xapón foron 41 e no de Ecuador xa van máis de 600. A lingua ata bastante e se morre algún paisano aínda máis. Como así aconteceu. Non obstante, seguín sen ver crespóns negros. Será porque son medio indios e tamén do outro quinto inferno. Ai, ai, ai; que só temos conciencia para o noso propio interese.

A cuestión política segue igual (o venres). É dicir, que non vai, que segue como o principio. Moita verborrea, moita leria e pouco empuxe. Non quedará outra que subir de novo a costa da Finca Fierro para votar de novo e, ó mellor, para máis do mesmo. Vai ti saber.

A banca empeza a pregoar, a espallar a idea de que non tardará moito en cobrarnos comisións por todo e cada dous por tres. Bótanlle un tempo duns cinco anos e confesan que non será “nin fácil nin pacífico” (tomar tal medida). Fácil non sei, pero pacífico si. Todo consiste en sacar todos os aforros, sen cabreos, e metelos de novo baixo o colchón ou enterralos ben acubilladiños na horta. Será por terras ou por lugares para gardalos. Os que haxa que gardar porque, a verdade, a bolsa é pequena. Aínda así tiñan que compensarnos por llos ter nas súas caixas, que negocian con eles como lles dá a gana.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania