Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

ASPNAIS: 50 anos latexando

miércoles, 27 de abril de 2016
O pasado día 15 fun convidado pola asociación ASPNAIS nos actos de conmemoración do seu 50 Aniversario que celebrarán durante o presente ano. Eu pensaba que, como outras veces, ía facer unha conferencia para unha asociación do mundo da diversidade funcional, se ben neste caso o especial era que ía ser presentado polo amigo Xulio Xiz. Estaba confundido, non ía ao cincuentenario dunha asociación, senón dunha familia que leva 50 anos loitando polo benestar das persoas con diversidade funcional intelectual. Entón, todo cambiou, ata o punto de converterse nunha tarde de fonda aprendizaxe.

Primeiro, visitamos o taller das Arieiras, onde ASPNAIS fai carpintería. Puiden ver, sempre acompañado de Xiz, como os usuarios se adaptan a un traballo mecánico que, ao mesmo tempo, os enche de satisfacción. Dese traballo saen artigos que ASPNAIS pon á venta para a súa propia financiación. Tamén, fan moitos envases que compran distintos provedores segundo as súas necesidades. Así, por exemplo, podemos atopar a ASPNAIS nos azucarillos de Las Candelas. Con ASPNAIS, poderíamos encargar os agasallos dunha comuñón ou dunha voda e estaríamos colaborando nunha labor inmensa que leva 50 anos xerando benestar. Cando cheguei a miña conferencia, sentín que ía dar a teoría do que eles levan 50 anos levando á práctica porque o que fan é procurar os ilímites das persoas e forxar, a partir deles, unha razón de ser e de estar na vida. ASPNAIS, actualmente, deixa de ser un servizo necesario para converterse nunha familia imprescindible, xa que moitas persoas van sendo maiores e os seus familiares ou ben faleceron ou non poden facerse cargo. Entón, 50 anos de traballo valeron para asegurar o amor e desterrar a soidade que é a peor doenza que un ser humano pode sufrir. Cada persoa importa para ASPNAIS, por iso, o seu día a día, ten o obxectivo do benestar individual e colectivo.

Cincuenta anos de ledicias, dificultades, sufrimentos. Cincuenta anos de vida, demostrando que cada persoa pode dar o mellor de si mesma se o seu entorno lle facilita as condicións necesarias: unha auténtica práctica da teoría dos ilímites. Parabéns ás ASPNAIS, unha asociación que paga a pena acercarse e coñecer. Pola miña parte, fico agradecido por unha tarde chea de emocións.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania