Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Parlamento, catro Deputacións

miércoles, 15 de noviembre de 2006
O Parlamento de Galicia naceu en tempo que se pensaba poderían desaparecer as Deputacións provinciais. Pasados uns anos, as Deputacións galegas gobernaron o Parlamento.

Estamos agora nun tempo de transición no que se supón que cada institución busca o seu lugar no universo galego, procurando ser útiles á sociedade pero tamén coa tentación de ir subordinando ó seu poder calquera outro, ou alomenos marcando territorio.

Agora, o Parlamento está empeñado en que as Deputacións de Galicia expliquen os seus presupostos na Comisión de Economía. As Deputacións veñen dicir que non.

A resposta non é homoxénea: A Deputación da Coruña non comparece porque o seu Presidente está en viaxe institucional; a de Pontevedra, porque aínda non está aprobado o anteproxecto do presuposto; e as de Lugo e Ourense non van porque estiman que non teñen obriga.

Ahí está o quid da cuestión. E parece mentira que aínda non haxa decisión salomónica sobre o tema.

Se as Deputacións Provinciais deben someterse ó Parlamento, terán que respostar afirmativamente ás peticións da Cámara, e se non terá a Cámara que impoñerlles un correctivo.

Pero se non teñen a obriga de comparecer, fan ben en manter a independencia das súas corporacións sen someterse a quen non deben.

Tal como están as cousas, alguén está metendo a pata de xeito sonoro e profundo. E non estamos para eso.

Nesta trifulca político-administrativa, por agora, empate hasta que se coñeza o verdadeiro estado da situación. Cando se coñeza, alguén caerá nun ridículo espantoso, e aparte de dar as oportunas explicacións vai ter que pedir as correspondentes disculpas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES