Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Troleiros, cachifallos e emporcallados

sábado, 23 de abril de 2016
Desde o Preguntoiro: Troleiros, cachifallos e emporcallados

A fiscalía acusa ao Goberno de Feijóo de homicidio por atrasar fármacos para a hepatite C por razóns orzamentarias. Logo sae este Sr. dicindo: “Por dous ou tres pacientes, non parece lóxico relacionar as denuncias coa austeridade”. ¡Manda carallo na Habana co mandatario galego!.

Cando este presidente di que, unha denuncia por uns poucos pacientes (mortos) non son xustificables polo ben da maioría... que é moi caro administrar ese tratamento. Calquera outra afirmación semellante no que se menospreza a vida dunha só persoa que morra podendo ser salvada, non merece ser mandatario de nada, a vida dos demais para este inepto emporcallado son só cifras e estatísticas.

A vida é algo máis valioso que todo iso que largou por esa boca de apodrecido. Fala de razóns orzamentarias para salvar a vida, pero hai diñeiro a moreas para subvencionar aos medios (Voz de Galicia, etc...) de Galicia.

Agora o Sr. Feijóo ten a inmoralidade de culpar aos médicos e trata de rexeitar as mortes cos recortes, cando nunha entrevista en Madrid comeza a botar balóns fora dicindo que nada teñen que ver os recortes e seguirá en defensa de contención do déficit, ou sexa, máis futuros mortos. É tan galopín este home que vai superar a Goebbels, Paca la Culona e vai resucitar a Menguele.

Non soamente é responsable o Presidente da Xunta, tamén é responsable directo en todo o estado o PP, o partido da corrupción e o saqueo das arcas públicas. O partido ladrón.

Ante tanta desfeita na sanidade pública de Galicia, sempre pensei que eses recortes na sanidade son un xenocidio. Están a provocar mortes e dor. Aumentan as listas de espera para consultas, tratamentos e hospitalizacións, xa que desta forma de facer ten unha estratexia deste neoliberalismo que tratan de impoñernos a puro ovo. Recortes no público para deteriorar a prestación e despois privatizar, agardando o final do camiño para aumentar os beneficios da privada.

Agora alguén na Fiscalía está de acordo en pescudar esas denuncias. Parabéns.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES