Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perdoe que lle diga

lunes, 25 de abril de 2016
A poesía de Manuel Francisco Reina é un reservorio exquisito para a delectación de espíritos degustadores. Flaquezas mías, libro que acaba de publicar en Endymion, proba o que afirmo.

Hai en Reina un tremor memorial, unha procura indagatoria que se Perdoe que lle digaautoesculca ata a extenuación. A asunción dos pasos errados, a tentativa de comprender os porqués deses desvíos antergos leva estes versos a un territorio mancado no que o poeta confirma: “Sólo yo salí malherido y tocado de muerte;/ aún chorrean de sangre mis sonrisas,/ se estremecen las páginas rotas de la infancia,/ y tintinean los móviles de caracolas/ y metal de ensalmos contra los negros espíritus”.

Eses ‘negros espíritus’ por veces vólvense contra un, desafían o seu futuro inundándoo cun destino ameazador, ata que o cantor se galvaniza irónico e afronta o desafío: “y en su daño te reconoces y le dices al sino: —Usted tiene, perdone que le diga, Ojos de Mujer Fatal”.

O escénico e parateatral, o reverente da traxedia antiga e a dramaturxia íntima dos días inunda poemas como “Acotación de escena”, “Silentium”, “Fáustico”, “Dramaturgia”, “El público” ou a longa serie definitoria “Dramatis personae”. Vai neles toda unha ontolóxica do ser e do estar, dos espectros que nos asedian e os anxos salvíficos e soturnos que connosco dialogan, da memoria que nos conforma e o amor e mais a solitude que nos define, egos fronte á morte, anécdotas solitarias y “la larguísima lista de todos tus pecados,/ y alguna letanía por tus pocas virtudes”.

Na poética de Reina a cita interna e a homenaxe son arxila propicia. O verso constrúese devocionando os mestres, avantando sobre o rego que Perdoe que lle digaeles araron para ir alén, mais recoñecendo sempre a palabra herdada, que vén da man dos máis grandes, sexan estes voces doutras tradicións (Goethe, Rimbaud, Apollinaire, Wilde) ou daquela da que o poeta forma parte, sobranceando aquí Machado, Cernuda, Juan Ramón, Vallejo, Rubén Darío, Rosales, Hierro e, sobre todo e ante todo, Lorca, idolatrado por Reina, quen lle dedica boa parte da sección derradeira do poemario, “La sombra de Caín”: “Por qué me dueles tanto, Federico./ Por qué, en la cal de mis huesos siento/ la cal de los tuyos, la misma cal/ de tus muros madrugados, Granada/ de auroras rojas y tapias blancas”.

Está Reina, por tanto, contra os descubridores de mediterráneos, contra aqueles que, edípicos inclementes, necesitan renegar tres veces dos devanceiros para afirmarse, sen decatarse, malpocados, de que “en el bucle egocéntrico de sus remedos existe un mucho de caracol en el espejo o de gasterópodo vanidoso regurgitando nada”.

Modélico en textos como “Falso prosaísmo poético” ou “Ejercicio práctico de prosía”, o autor gaditano brande a ironía como un sabre infalible, que acompasa con outros rexistros metafísicos, emotivos, rememorativos ou lúdicos, facendo de Flaquezas mías (ese gran verso de Calderón) un festival de transversalidades ao servizo da superación da dor, da reconciliación coa vida.

Plástica en extremo, hai na obra de Reina un casoiro abenzoado entre o flamenco e o oriental, a prosa poética e o a dicción clásica e neoculturalista, seguras probas de que nesta hora procede a aposta múltiple, convencido de que a poesía é, toda ela, “una llave/ real e inasible/ para la cerradura incierta del futuro”.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES