Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A industria en Begonte

jueves, 21 de abril de 2016
Begonte conta con moitos recursos: turísticos, agrogandeiros, gastronómicos…, pero non desbota a misión de crear emprego destinando espazos para incentivar a industria, deseñando coma unha columna vertebral que enfortece o seu tecido produtivo, e sempre ollando máis lonxe coma a empresa Non Estreses de Begonte que ven de asinar un acordo co Balneario de Guitiriz para aproveitar os recursos deportivos dos ríos.

Despois de fornecer de empresas o polígono que superan cos seus productos o ámbito local, seguen soñando e construindo plans de máis solo industrial, coma o proxetado pola Deputación, e fieis a súa estratexia pola rede de comunicacións, xa fai anos que se plantexou a creación da Plataforma Loxística Industrial de Pacios-Baamonde na área limitada pola A-8, A-6 e N-VI, aínda sen urbanizar pero seguros da transcendencia da loxistica na venda e transporte de mercadorías. Este proxecto fai lembrar aquel Baamonde ateigado de viaxeiros entre a súa estación e a Mariña, que noutrora reivindicaba un camino de ferro entre a Chaira e a costa…

E o cuarto pé é o enclave de Carral con varias empresas e unha especial atención á canteiría de Manuel Mallo, mestre que transformou a pedra de Fraguas do Vilar de Guitiriz nas columnas e capiteis que terman da Catedral de Barcelona. Foi un grande innovador unindo tradición e a máis sofisticada xeometría, despois prolongada co debuxo dixital, outro dos piares do progreso industrial de Galiza. Cómpre recuperar o alto nivel das técnicas de corte de Mallo aplicadas á pedra, un dos recursos que definen a nosa identidade.

E nesta liña de sabeduría integrada no traballo, o Polígono de Begonte é aleccionador porque conta con outros obradoiros que lle arrincan as cores máis relucentes e as formas máis belas a nosa pedra, o da cuadrilla dos Quijada de Donalbai ou construcións Lito.

E Begonte tamén ten outro acerto no éxito da produción: a súa internacionalización ou proxeción exterior, coma Parcisa que fai rodar as súas cisternas por medio mundo, sobre todo no eido leiteiro, ou Tecnolugo especializada nunha ampla gama coma os cadros eléctricos ou sistemas de ordeño robotizados. Pero tamén acae neste parque o servizo que fai á comarca coma Sistemas de Mantemento Industrial a Finsa de Rábade ou a enerxías alternativas como a biomasa, ou Cistergal coa fabricación e reparación de cisternas.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES