Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O rebote dos bispos ante a Lou

viernes, 22 de marzo de 2002
(¡Un cambio sorprendente e significativo!)

O 21 de Novembro, ós dous días de comeza-la anterior Plenaria da Conferencia Episcopal, baixo o título "Os bispos españois e a LOU" (¿¡Incautos-despistados ou interesados?! ), desde esta sección,  comentaba-denunciaba as présas do portavoz oficial (Juan José Asenjo) pola súa precipitada intervención dando un balón de osíxeno ó Governo ante a confusión creada polo texto (tamén precipitado) da Lei Orgánica das Universidades. (Se queren profundar no tema, poden le-lo texto íntegro nesta mesma sección de OPINIÓN).
A conclusión do artigo daba resposta ó interrogante da pregunta do subtítulo coa afirmación de que a postura-actitude dos bispos era "interesada".Estabamos acertados.
Xustiño tres meses despois (21-03-02) ós poucos días da celebración tamén da última Asemblea Plenaria, o Arzobispado de Madrid (Monseñor Rouco e os cinco bispos auxiliares) xunto cos da Provincia eclesiástica (Alcalá de Henares e Getafe) lanza unha "nota episcopal" sobre a "nova Lei da Calidade", redactada  pola secretaria xeral e membro do Consello Escolar do Estado, María Rosa de la Cierva y de Hoces.
¡Velaí unhas expresións que non teñen desperdicio!. Deixámolas no seu idioma orixinal por se teñen máis forza. Vexan: "Lamentables lagunas", "silencios clamorosos" (en referencia á asignatura de relixión),"ausencia de un enfoque que considere el hombre en su totalidad"... Dí, ademáis que o preámbulo da nova Lei orgánica debe cimentarse nun "marco xurídico sólido y doble (dos pilares imprescindibles): Constitución e Acordos entre a Santa Sede e o Estado español sobre Enseñanza y Asuntos Culturales".
Un pregúntase, ¿a que se debe este cambio?; ¿como se esplica esta dura-forte reacción pública dun órgano eclesiástico ó documento de bases para a futura Lei de Calidade (do Governo do PP) tan aplaudida-seguida-secundada, anteriormente?.¿Pensan recurrila como están a facer varias Universidades e Autonomías?. Outros bispos, en privado, xa se queixaran do seu disgusto pola ausencia da relixión nos contidos adiantados pola ministra Pilar del Castillo. Agora tamén se acordan do "tratamiento residual que se da a los Centros sostenidos con fondos públicos". Reprochan que non se teñan en conta os principios básicos para facer efectiva a liberdade do ensino.
Sería do agrado de moitos cristiáns-católicos do País que nos orientasen-formasen ou alomenos informasen, sobre o que, realmente, pensa a maioría dos Bispos sobre a nova Lei. Se reaccionaron, que nolo digan crara-expresamente. Isto sí que é un tema de interese (un dos moitos que abondan en España) e de actualidade e non o case insulto de retoma-lo proceso da beatificación e posterior canonización de Dna. Sabela, chamada a católica?.
(Se o desexan, poden participar mandando as súas suxestións-pensamentos).
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES