Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No ano da memoria

martes, 14 de noviembre de 2006
2006 foi declarado Ano da Memoria, coa intención de que se garde lembranza viva de todo o que ocorreu naquel malfadado trienio que a maioría de nós non viviu, pero todos somos herdeiros, consecuencia, daquel tempo que cambiou o mundo para sempre.

Pero pode resultar que un ano sexan máis de trescentos sesenta e cinco días, e o que este ano quixo significar se prolongue no tempo nunha cadea de acontecementos imparables coma o tsunami da historia.

Porque van ter razón os que consideran que a Guerra non rematou aquel primeiro de abril do trinta e nove cando un enfervorizado locutor lía o último parte que remataba o conflicto bélico. Quizáis só comezaba outro tipo de loita. E setenta anos despois do comezo chega o momento dunha nova fase bélica. Neso estamos.

O infatigable Diaz Pardo participa na Biblioteca do Exilio que pretende publicar cen obras para contar o que lles pasou ós que se tiveron que ir. Educación vai retirar os escudos franquistas que existan nos centros dependentes da Consellería. A universidade de Compostela elimina a Franco da súa nómina de doctores Honoris Causa.

¿Qué farán os concellos que declararon a Franco Alcalde Perpétuo, as sociedades que lle concederon a Medalla de ouro ou a Presidencia de Honra, ou as cidades que fixeron del a punta de lanza da devoción por un réxime autoritario que nacera dun golpe de estado?.

O ano da Memoria non debe fixarse só en eliminar a memoria non grata, e quizais nin eso. Porque a memoria funciona en tódalas direccións, e todo hai que lembrar; moitas cousas, para que nunca volvan pasar.

Borrar a Franco é unha tentación moi forte, lóxica, xusta. E quitalo da relación de doctores Honoris Causa dunha Universidade é unha medida sana para conservar a decencia da docencia.

Pero eso é só un pequeño detalle nun Ano que debe aspirar a moito máis. Abertas as portas da memoria, que corra o aire. Para todos. Para sempre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania