Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hop Toys

miércoles, 20 de abril de 2016
A través dunha amiga atopei unha interesante páxina web chamada http://www.hoptoys.es/ onde podemos atopar xoguetes accesibles para nenos con distintos tipos de diversidade funcional. HopToys é unha web educativa que ofrece todo tipo de materiais para acercarnos aos distintos tipos de diversidades e intervir para o seu correcto desenvolvemento.

É un material que ten en conta os distintos espazos e tempos nos que a persoa se desenvolve. Aparte do aspecto lúdico que reflicte o título, podemos atopar ferramentas técnicas que nos faciliten a vida.

Este servizo vén poñer de manifesto unha necesidade de responder a aquelas diversidades que teñen un xeito distinto de ser infancia e, polo tanto, precisan unhas respostas axeitadas a esa forma de ser. Por fin vaise abrindo o acceso ao ocio para as persoas con necesidades especiais. Neste campo, moitos viron un xeito de gañar a vida, o que é unha boa nova porque significa que nunha realidade diversa nacen oportunidades de porvir para todos.

En HopToys podemos atopar un pouco de todo porque non só é cuestión de xogar senón, tamén, de confeccionar roupa adaptada ás necesidades de todos. Unha sección fundamental é a de comunicación, onde podemos atopar distintos pictogramas, soportes, cadernos... que axudan non só ao acto comunicativo senón, tamén, a xerar ideas para crear materiais propios para facilitar a imprescindible tarefa comunicativa no día a día.

HopToys ofrécenos multitude de solucións para a vida diaria con só visitar a súa páxina: un servizo vital que ben seguro que será unha axuda no día a día de moitas persoas. Sei que están aparecendo moitas iniciativas como esta, ogallá vaian adiante porque elas están tecendo os alicerces dunha sociedade inclusiva forxando a accesibilidade total aos paraísos da infancia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES