Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subvencións: o escudo da imparcialidade

lunes, 13 de noviembre de 2006
A Xunta de Galicia comeza a remover os cementos da súa propia organización e manifesta a través do seu Presidente que se pretende suprimir a concesión de todo tipo de subvencións directas.

Esto, nun país do que sempre se considerou estaba subvencionado, pode ser unha revolución ou pode quedar en nada. Por aquelo de cambiar todo para que nada cambie.

En principio, a idea é perfecta: non deixar a criterio exclusivo da autoridade a decisión de outorgar graciosamente determinada cantidade de euros por prestar un servicio, unha actividade, que suple ou complementa a prestada pola Administración pública.

A solución para esta adxudicación vai ser a convocatoria pública e que a esa convocatoria poidan concorrer en igualdade tódolos posibles interesados nese tipo de axudas. Quedan exceptuadas as que, polas súas dimensións, estean contempladas na Lei de Presupostos e as derivadas de catástrofes ou acontecementos imprevisibles.

No momento en que coñecemos que se quere racionalizar o sistema de subvencións, tamén se nos informa que a nova Lei da Función Pública profesionaliza postos ata o nivel 28 (equivalentes a Xefe de Servicio), o que é un pequeno progreso no camiño de profesionalizar a Administración ata ao posto de Director Xeral como propugna Europa e o sentido común.

Que as dúas decisións son signo de progreso, pois pode ser. Porque no da Administración profesionalizada os partidos gobernantes seguirán esixindo “confesión” ós profesionais de calquera nivel sobre os que teñan discrecionalidade, e as súbvencións públicas seguirán dependendo dun importante factor de discrecionalidade, lóxico por outra parte, que garante pouco pero cobre as costas de quen adxudica co escudo da presunta imparcialidade, que aínda que sexa relativo, sempre queda moi ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES