Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Compartir, non acaparar

sábado, 11 de noviembre de 2006
Seguimos “á beira do camiño”, coa ollada posta na crúa realidade deste noso desnortado mundo, tentando de compartir vida e esperanzas, logros e fracasos, penas e alegrías co resto dos humanos. Ou somos (e nos comportamos) como irmáns ou desapareceremos.

A capacidade/intelixencia e o instinto de supervivencia, están a chamarnos á reflexión, a mudar comportamentos irracionais, indignos do que a persoa humana é e significa. Uns datos para curar cegueiras e xordeiras consentidas. Os diarios dan conta do informe do “Programa da ONU para o desenvolvemento” alertando do incrible e brutal crecemento da desigualdade entre os países ricos e os pobres. ”As 500 persoas máis ricas do mundo gañan o mesmo cós 417 millóns de pobres. Mil millóns de persoas viven!? cun euro diario. A terceira parte está na África subsahariana” (A dos caiucos). Hai 115 millóns de nenos sen escola. No 2004 morreron 10,8 millóns, menores de cinco anos”. E lembremos que, tamén aquí, á nosa beira, abondan as desigualdades. Para pensar! 

¿Que facer!? Ademais de activar os máis elementais principios da ética, axúdanos a ensinanza da escena que nos presenta hoxe Marcos no seu Evanxeo. Unha pobre viúva acércase a un dos petos do templo. Xesús e os seus discípulos foron testemuñas. Viron como os ricos depositaban grandes cantidades de diñeiro e a pobriña viúva, avergoñada, botaba só “dúas moedas de cobre”, as máis pequenas que circulaban en Xerusalén.

O feito é significativo. Xesús chama aos seus (e a nós!) para que aprendamos da viúva, da xente pobre e sinxela. De ninguén máis! O seu sacrificio non se vai notar. Vai sobrar do que dan os ricos. (Daquela e ao correr dos tempos) Xesús analiza doutra maneira: “Esta pobre viúva botou mais ca ninguén, a súa xenerosidade é grande e autentica. Os demais botaron do que lles sobra, pero a muller, que pasaba necesidade, botou o que tiña.” Non ten material, pero ten un corazón grande e moita confianza en Deus. Se sabe dar “todo o que ten” é porque “pasa necesidade” e pode comprender as necesidades dos outros pobres. “Nas sociedades do benestar estásenos esquecendo a compaixón, non sabemos o que é “padecer con”, co que sofre. Cada un anda ao seu; os pobres quedan fóra. Instalados na comodidade, non sabemos o que é ter fame, frío, sufrimento,  soidade.  Damos do que nos sobra, non por solidariedade. Só os pobres son capaces de facer o que a maioría esquece: Dar algo máis cás sobras” (J.A.Pagola, en Eclesalia).

O mundo non o van salvar os ricos. A salvación vai chegar desde a gratuidade, desde os pobres, desde os sinxelos. Por algo Xesús chamou “benaventurados” aos pobres e escolleu aos humildes (María, discípulos...) e desprezados para seren seus vigairos na Terra. Só os pobres saben compartir. Moitos de nós podemos dar fe desta realidade.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania