Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Igrexa e a República

lunes, 18 de abril de 2016
A Igrexa e a República son dúas palabras opostas e contrarias na nosa historia, como o aceite e auga que non poden mesturarse. Xa sabemos que a forma de réxime para a Igrexa ao traveso da historia onde se atopou sempre como peixe na auga foron os imperios, as monarquías e as ditaduras. Todo o réxime que leve consigo democracia e liberdade non lle prestaba a convivencia e en tempos pasados engadía a súa condena para reafirmarse na doutrina do absolutismo dogmático. Toda autoridade ven de Deus e o clero é o seu representante, incompatíbel coa democracia e a liberdade, sen darse de conta, os que isto afirman, que a autoridade civil elixida polo pobo tamén ven de Deus, segundo a doutrina cristiá.

Cando o que primaba na Igrexa xerárquica era esta doutrina de Pío IX; houbo, polo contrario, persoeiros famosos de bispos e cardeais que defendían a liberdade e a República. Citamos a Mons. Gibóns, cardeal primado, e o Mons. Ireland, arcebispo de San Pablo, ambos a dous de EE.UU. Os cregos republicanos en España tiñan estes nomes como luz para alumar e defenderen a súa opción, pois víanse moi encortellados pola súa xerarquía .Coa ocasión do Congreso das Relixións de Chicago, Monseñor Gibons, botara o famoso discurso no que confesaba a súa fe: “O único Deus que existe, o único Deus que eu creo... Deus meu! Os miserábeis, Deus meu!, os pobres de todas as razas; comezar por darmos a nosa vida para salvar aos que morren de miseria e de dor; esta é a esencia da relixión”. Noutra ocasión tivo críticas para a práctica do clero español, que se dedicaba só a dicir misa e aplicar os sacramentos, allea á pobreza e miseria do pobo. E engadimos a frase de Mons. Ireland, que o cura madrileño republicano, “Juan García Morales”, seudónimo de Hugo Moreno, para reafirmarse como republicano, tiña moi en conta en poñer en claro a categoría do Mons. para que non houbese dúbidas, como arcebispo , católico , apostólico, Romano, velaí a frase: “A República é a forma de goberno máis en consonancia coa Igrexa”.

E terminamos coa frase de Van Trich, famoso crego belga, animador social da Encíclica Rerum Novarum: “Toda a Igrexa púxose en pé para recibir no seu seo a democracia”.

Este espírito foi o que puxo en pé, non á Xerarquía, senon ao proletariado cando o nacemento da SEGUNDA REPÚBLICA, que lle chamaban “La Niña Bonita”. Aquí aparecen os cregos que apoiaron á neniña. En Ferrol tivemos ao sacerdote Matías Usero Torrente con Xaime Quintanilla e Alfonso Quintana, proclamándoa dende o balcón do Concello que estaba nos Cantóns. En Galiza foi indescriptíbel no proletariado e da xente do pobo en xeral de cidades como Vigo, Rías Baixas, Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense, algo menos en Lugo.

O Goberno provisorio no 3º art. di: a decisión de respectar de maneira plena a conciencia individual mediante a liberdade de crenzas e cultos, sen que o estado, en calquera momento, poida pedir ao cidadán revelación das súas convicións relixiosas. Este artigo foi o que anulou a constitución do 1876, que afirmaba: A relixión, Católica, Apostólica, Romana, era a do Estado, e compre que a Nación manteña o culto e os seus ministros.

Logo chegaron as Cortes Constituíntes do 28 de xuño 1931 con este resultado: 276 deputados da Esquerda, Centro con 119 e Dereita 41. Se España é consubstancial á relixión Católica, segundo o voto popular deixou de selo. Nese senso debe entenderse a frase de Azaña: España deixou de ser católica.

Resultados para a Igrexa:

- A expulsión do Cardeal Segura por chamar a defender a monarquía contra a República. E tamén a Mons. Múgica de Vitoria (Gasteig). Ao pouco tempo regresou, e despois foi expulsado por Franco e exiliado para sempre.

- Os artigos 26, 27, 40 son os cualificados pola Xerarquía como laicismo puro e duro. Ningunha institución pública poderá auxiliar á Igrexa.

- Disolución dos xesuítas e incautación dos seus bens para fins benéficos e docentes.

- Prohíbeselles o ensino ás ordes relixiosas

- Algunha queima e actos de violencia contra igrexas e conventos. (Este non foi o caso de Galiza, onde sucedeu só algún caso raro).Alfonso Ossorio, católico, dubida de moitas destas violencias con probas de que “lles vimos facer cousas peores aos de dereitas para botárllelas á conta dos roxos”.

De estar no cumio do poder pasar a ras do chan. É unha boa mostra de que España deixou de ser católica no oficial para chegar a ser cristiá no evanxélico e no social. Isto non quere dicir que haxa que dar a plena razón a aquela Cámara con tanta falta de tino e senso político.

A Igrexa protestou duramente por estes abusos chamándolle Constitución laicista; mais tivo ben en conta e dixo con tada claridade que a Igrexa e todos os cidadáns deben obedecer ás autoridades lexítimas da República aínda que isto nos supoña un sufrimento. Isto dicíao a final do 1931 e repetiuno no 33. Mais onde dixen digo, digo diego; pois no 36 bendiciu a guerra, con toda largueza e apoio aos militares rebeldes contra as autoridade lexítima.

Temos dous xerarcas: O bispo, Mateo Múgica de Vitoria, expulsado por Franco e arrepentido de ter apoiado o golpe no principio, fixo unha declaración “Imperativos de mi conciencia”, e o cardeal, Vidal i Barraquer, que ao principio da guerra exiliouse en Roma, na contenda os dous apoiaron á República. Nun número superior ao cento de Sacerdotes defenderon a República, a maior parte vascos, algún deles foron mártires asasinados por Franco, máis non beatificados.

E para non acabar coa paciencia dos lectores, acabo coa anécdota dun cura vasco capelán de gudaris, soldados vascos. E cando Euskadi caeu, escapou para Madrid e as autoridades deixáronlle ir para a fronte da guerra e auxiliar, sen coller as armas, aos soldados. Alí deixounos esta testemuña:

Desde el primer momento del comienzo de la sublevación militar, no dudé en ponerme al lado del Gobierno de la República. Lo hice así porque la República la conquistó el pueblo en unas elecciones; en otra consulta electoral eligió unas Cortes, y, cumpliendo este mandato soberano de la mayoría triunfante, él formó un gobierno. Ante un régimen y un gobierno legítimos no había ninguna causa que justificase la insubordinación.

Despois viñeron as eleccións constituzonalistas, "la decisión de respetar de manera plena la conciencia individual mediante la libertad de creencias y cultos, sin que el estado, en momento alguno, pueda pedir al ciudadano revelación de sus convicciones religiosas".

Desgraciadamente a Igrexa xerárquica non estivo á escoita do Evanxeo. Está comprobado tamén que nese intre do nacemento da Nena xa en Navarra comezaron a argallar a súa morte prematura, até que alí precisamente comezou o golpe onde estaba o Xeneral Mola.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES