Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cada un tira dos seus

sábado, 16 de abril de 2016
Se busco un tema en concreto da semana pasada, así, da man para o pé, de primeiras, tan só me sae o fútbol, os partidos da Liga de Campións. Porque a actualidade tamén estivo, una vez máis, nos papeis de Panamá ou paraísos fiscais, pero dese asunto xa falei o luns pasado.

A actualidade tamén estivo (e van non sei cantas veces, e seguirá) na corrupción, política, por suposto. Xa se pode dicir perfectamente que a temos tan asumida, tan pegada a nós que a metáfora de que é a nosa propia sombra vaille como anel ó dedo, cádralle a xeito.

A actualidade tamén estivo nos terremotos de Xapón, pero para que gastar moitas liñas na catástrofe se… quedan tan lonxe, están tan alá do outro lado do mundo que qué nos importa o que lles aconteza. Para que gastar un espazo no feisbuq e nas demais redes sociais amosando una bandeira xaponesa con crespón negro?

Nese espazo pode ir moi perfectamente o sorriso de Cristiano Ronaldo logo de lle facer unha tripleta a un “equipo importante”, como dicía un parente meu, en alusión ó Wolfsburgo, o equipo alemán que querían todos (sería por esa categoría). Nese espazo tamén poden ir fotos coas caras de circunstancias dos xogadores do Barça, logo da súa eliminación polo Atlético de Madrid, ou incluso textos e máis textos sobre o baixón anímico, físico e futbolístico dos cataláns.

É certo, cada un tira dos seus.Ós xaponeses que os rebente a fenda dun terremoto.Os que poidan que sigan evadindo impostos.E os corruptos…hahaha, ós corruptos que os defenda a Fiscalía.(Non sei que do alcalde de Granada. Hahaha).
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania