Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inspirado na paisaxe

sábado, 16 de abril de 2016
Era o día 12 de abril cando a “Aula andante da Uned Sénior” empezaba o seu percorrido desde Paderne ata Outeiro de Rei, para achegarse unha Inspirado na paisaxevez máis ó entorno e á persoa do poeta Manuel María.

O noso Profesor: entrañable e fiel amigo de Manuel María; Don Felipe Senén López acompañou ó grupo, xunto co Coordinador.

O primeiro paso consistiu en achegarse á Carballeira de Santa Sabela, onde Manuel María ten un monolito ó carón dun carballo prantado por el.

Unha vez alí, o corazón do profesor ardía de lembranzas co poeta por aquel lugar; así que parouse xunto as pesqueiras para falarnos longo e tendido da persoa e do poeta de Outeiro de Rei: Manuel María.

Tamén aproveitou para falar dos “batuchos” e as súas fazañas. Hoxe só quedan bancos de granito ó péda pequena praia fluvial.

Seguindo as súa pegadas, fomos río abaixo. O pai Miño presentábase sumamente maxestuoso porque chovera moito aqueles días.

O Profesor ía co pensamento no seu amigo: as súas palabras estabn como enraizadas naqueles recunchos: a carballeira, o Miño coa súa pequena praia fluvial, o muiño de catro rodas que tantos segredos gardaba dos tempos de muiñada…

Nun pequeño outeiro, un pouco arredada estaba a capela de Santa Sabela que noutrora tiña un retábulo barroco. Nesta ocasión non tivemos oportunidade de visitala por dentro, pero por fóra manifesta bo aspecto: pola ramaría debe estar aquelo abarrotado.
A paisaxe é única: de belza indescriptible.

Debruzados na ponte, fixemos outra parada e o Profesor seguíu a súa brillante disertación. Nótase que leva ó seu compadre no corazón.

Ó Profesor ben lle gustaría pasar alí ata o serán, pero tivo que seguir o programa e dirixímonos a honrar o Inspirado na paisaxelugar onde descansan para sempre os restos mortais de Manuel María. Antes que nós xa fora un instituto de A Coruña que depositara alí una coroa de loureiro para honrar ó poeta.
Entramos pola cancela, pero algúns fixérono polo pasadoiro, un pasadoiro de chantas de lousa como é debido; dos quexa queda moi poucos.

Ó fondo, xunta súa nai, está o poeta, dramaturgo, político, editor... En fin un fillo de labregos e sobriño dun cura en Lugo que quixo mandalo para estudiar leis, pero o del era escribir sobre a fala, o fogar como patria, como centro da súa vida e como centro do Universo:

“A fala é a chave
coa que abrimos o mundo
o salouco máis feble
o pesar máis profundo”
(Manuel María)

Estas e outras moitas palabras de amor á paisaxe e á paisanaxe, parecen escoitarse ó pé da súa tumba:
O Profesor entre persoas que tanto ama: Manuel María e a Sra Pastora, súa nai e –como non- o Alumnado da UNED Sénior da Galicia Rural e o seu Coordinador que nos acompañaba.
Este cemiterio é moi pequecho, pero fano grande as persoas que alí descansan; sobre todo aquelas que en vida traballaron pola defensa da idiosincrasia e a lingua galega como sinal de identidade.
O Alumnado da UNED Sénior tamén quixo deixar alí a súa pegada prantando un ciprés ó carón dos seus pés. Teremos que vivir moitos anos para ve-lo medrar… E –se non- outros o verán.

Pero a Fundación Manuel María esperábanos na súa Casa de Hortas onde nos pasaron un vídeo na ”Palleira” convertida en auditorio e a continuación visitamos a vida e obra de Manuel María nas diferentes dependencias da casa.

Esta sería a antiga porta da palleira que hoxe serve para delimitar a área privada do “auditorio”. A foto que parace foi un obsequio do noso Profesor ó poeta.
Anda con ela de aquí para alí como se de unha silla se tratara. Deberían buscarle un lugar máis idóneo. ¿Non lle parece?
Un rapaz de idade mediana que fai de xerente fíxonos un relato baseado máis ben nun xogo de palabras e despois podemos ver documetación, fotos, o escritorio de Manuel María e a súa afamada colección de navallas.

Obsérvase o esmero que poñen para mellora-la Casa-Museo porque este ano adicáselle o “Día das Letras Galegas”: mobles, fotos, un retrato, o reloxio, a cama, pinturas…
Aínda que o Alumnado Sénior está cansado de ver casas da aldea, o que non é tan habitual é darle o valor que se merece á fala e á cultura galega.
Quizais estas visitas sirvan para elevar un pouco a nosa autoestima:
-Como xente da aldea que somos.
-Como xente galego-falante de toda a vida.
-Como anxos custodios da nosa lingua nai.
-Como portadores da nosa cultura na Galicia Rural.
-E como conservadores da nosa idiosincrasia como sinais de identidade.
¡Que boa falta nos fai!
Eso penso eu.

Mercedes Cachaza Platas é alumna Sénior da Galicia Rural en Paderne (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES