Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Abrirán logo os illós?

viernes, 10 de noviembre de 2006
Pasado un verán especialmente caloroso, que trouxo consigo unha vaga de lumes especialmente cruel, chegamos a un outono no que conviven temperaturas totalmente anormais polo elevadas con choivas torrenciais e ventarróns que causaron serios destrozos, especialmente nas zonas que foran afectadas polos incendios.

E agora, outono pleno, co novo horario que nos marca o calendario, cos embalses razonablemente mediados, só nos falta que conforme a tradición abran os illós.
Os illós -dígoo por se alguén non ten escoitado esta vella palabra- son os mananciais que orixinan fontes non permanentes, os que abren en outono para estiñarse co comezo das calores.

Pechan os illós antes do verán e abren en outono. Puidera -e ó mellor debera- pensarse que os illós abren simplemente pola presión da auga na terra, que busca un lugar natural por onde sair, e pechan cando a terra se reseca e xa non ten que botar.
A crenza popular non é -non era- esa. Sempre se me dixo, desde que era ben pequeño, que para que abriran os illós facia falla unha gran tormenta. O estrondo dos tronos, facía que a terra abrise as súas carnes, polos lugares loxicamente habituais, e as augas comezasen a fluir.

Non sei se ocorrería así, pero ¿Quen son eu para dubidar das crenzas populares, orixinadas ó longo de centos de anos de sabedoría e intuición.
Seguro que esto non o sabían os constructores da gran autovía A-8 que por terras de Vilalba camiña hacia Baamonde, onde se ha conectar coa A-6 que ven de Madrid para formar importante arteria do noso país.

As obras desta Autovía do Cantábrico fixeron cegar arredor de vinte pozos por Alba, por Boizán, por Insua... O trazado da monstruosa vía de comunicación interferíu no habitual camiño das augas, en sentido horizontal nos regatos ou ascendente nos pozos.

Claro que estas mesmas obras fixeron aflorar outros mananciais, polo que se traballa no proxecto de construir tanques ou cisternas para, cheos de auga, paliar carencias nas secas, e solucionar or problemas creados polos pozos perdidos.

Todo eso, sen ter en conta o calendario histórico dos illós, porque pasou durante o verán cando poucos mananciais seguen a ter a seriedade de seguir mantendo imperturbables o seu caudal.

É unha sorte que os que gobernan as obras da autovía non estean ou estivesen ó tanto da teoría popular dos illós, porque dela poderían terse valido para xustificar a falla de auga ou retrasar a solución da carencia.

Porque as fontes vellas son sustituídas por novas fontes, sen agardar a que trone abondo. E eso está moi ben, primeiro porque nunca trona nen chove a gusto de todos, e en fin, porque ó mellor o dos illós non depende dos tronos, como os nosos devanceiros pensaban.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES