Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As primeiras andainas

jueves, 14 de abril de 2016
As primeiras andainasSeguen de moda as andainas. Acabo de realizar dúas. As dúas no mesmo lugar: A Costa da Gándara. Metro arriba, metro abaixo foron 10 quilómetros ou máis en cada unha. Xa é unha boa marcha, non si? A diferenza coas coñecidas, coas famosas é que nestas a camaradaría reina en todo o percorrido, porque a xente adoita ir en cuadrilla ou con veciños ou con amigos. Ás dúas que fun eu realiceinas só e, para máis aquel, cunha máquina de sulfatar ó lombo. O que vén significando que, de camaradaría, nada de nada. E de carallada moito menos. Outro inconveniente a maiores: que na miña andaina, aínda que o terreo era chan, a terra das gabias estaba tan branda que me atugaba, o que dificultaba de raio a marcha. Pois ben, aínda así, os 10 quilómetros ou máis percorrinos en menos de tres horas. Aí inclúense, por suposto, as típicas paradas para encher a máquina cos 15 ou 17 litros de auga. Non obstante, os 10 quilómetros ou máis da segunda andaina, si me levaron as tres horas xustas, porque o líquido que cuspía a máquina tiña que abarcar máis terreo, máis espazo que o do día anterior. Máis dunha vez me invitaron a algunha camiñada desas coñecidas. Desisto, claro, porque eu xa teño a miña propia andaina. Acabo de empezar coas dúas primeiras. Es as que me quedan...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES