Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dulcinea nas esencias do principiño

miércoles, 13 de abril de 2016
Unha vez máis, Dulcineastudios convídanos a reflexionar sobre a vida e sobre as limitacións. Desta volta, o reto é prescindir da visión, é dicir, prescindir do medio polo que recibimos o 80% da información determinante: o sentido da vista. O experimento sitúa a persoas videntes nun miradoiro onde describen o que ven e só cando pechan os ollos son capaces de contarnos aquilo que senten. A veces, o feito de ver mingua outras sensacións que o resto dos sentidos poden captar. Estas sensacións, por unha parte, ábrennos novas experiencias e, pola outra, lévannos a poñernos no lugar daquelas persoas que carecen de visión.

No fondo, a vida está feita para que a gocemos máis alá das nosas limitacións. Este foi o gran segredo que o raposo lle desvelou ao principiño cando lle dixo que “o esencial é invisible para os ollos”. Tantos anos despois Dulcinea consegue levar á práctica a fermosa filosofía do principiño creado por Saint-Exupéry para amosarnos que vivir é tan doado como aproveitar as esencias que a propia vida nos ofrece. A sabia natureza equilibra os límites e os ilímites, sobre todo no terreo sensorial, para que os seres humanos poidan gozar dunha ou doutra maneira da gran aventura que é a vida.

Se nos poñemos fronte á realidade, temos a obriga de valorar todo o que nos ofrece construíndo autorrealizacións de porvir e legados de esperanza. Dulcinea amósanos como é non ver para agasallarnos coa oportunidade de estimular todos os sentidos e percibir a inmensidade coa que o mundo nos agasalla. Este é un exercicio empático coas persoas cegas que, ao mesmo tempo, nos convida a sentarnos na mesa da comprensión para compartir esas esencias vitais que os nosos ollos nunca poderán captar na súa totalidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania