Á unión pola arte
Fernández, Suso - viernes, 15 de abril de 2016
O venres, 6 de abril, tivemos a gozosa oportunidade de asistir, no Cenima de Foz, ó inicio da Semana de Arte na Mariña, coa inauguración da espléndida exposición que baixo o título 6 Diálogos para educar, outros tantos artistas mariñáns expresan nas súas obras a relación co medio social e xeográfico que comparten con nós.
A Semana da Arte na Mariña é un ambicioso proxecto promovido polos colectivos de Mestres e o de artistas plásticos da bisbarra, no que se involucran xentes de toda ela: os concellos,os colexios, asociacións culturais,empresas , etc. A intención é que participen tódolos mariñáns e por iso en vindeiras edicións serán centro das actividades- que este ano corresponde a Foz- todos e cada un dos concellos de xeito rotatorio.
A magnitude da iniciativa é tal que os organizadores contan con que só alumnos dos colexios pasen de 1500, dos que a maioría serán trasladados en autocar desde os seus respectivos centros de estudo, que para a visita serán recibidos por tres avezados/as ensinantes da arte que os asesorarán, explicando canto se refire estética e técnicamente ás obras expostas , porque na intencionalidade da operación é preferente a didáctica, sobre todo para os rapaces/zas. Igualmente será cos visitantes que, amais dos catálogos,con 100 páxinas a todo cor, recibirán as oportunas explicacións e asesoramento dos expertos para favorcer o achegamento do público en xeral ó coñecemento e o interese e valoración da arte plástica na bagaxe cultural do individuo.
A realización desta, pola súa envergadura, esixe a participación de moitas persoas e medios; nese senso é esperanzador o feito de que, según os portavoces da organización, atoparon en toda A Mariña a dispoñibilidade á colaboración, feito que non sempre se da. E sería moi fermoso que, sen tardar, poidésemos decir que á sociedade do noso contorno chegara o sentido da unión e da mútua solidaridade entre os pobos, polo vieiro da arte; ou sexa, da cultura, coa visión das altas miras que tal actitude precisa.
Lector/a amigo/a: non deixe de visitar a exposición de arte 6 diálogos para educar. Poderá facelo ata o día 29 do actual. Teña por seguro que vale moito a pena; e a súa asistencia tamén é necesaria.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora