As de Villadiego
Fernández, Suso - lunes, 11 de abril de 2016
Teodosio Vesteiro Torres foi un escritor do S.XIX pouco coñecido, acaso porque a súa vida foi moi efímera: finou tráxicamente ós 28 anos de idade. De ascendenza luguesa, nacera en Vigo en 1848. Con só 12 anos ingresa no seminario onde os éxitos académicos non se fan esperar e aínda estudante chega a rexentar unha cátedra de Humanidades.
En 1871 abandona o seminario e trasládase a Madrid;traballa como profesor de música e colabora en distintas revistas. Funda Gaceta Literaria que reunirá ós intelectuais galegos, residentes na capital,entre eles Añón e Curros Enriquez, creada para contribuir á prosperidade de Galicia.
Autor de Galería de Galegos Ilustres, en varios tomos, e Recuerdos de Galicia: nun destes da a súa versión sobre a orixe de tomar as de Villadiego: polo S. XVI vivía en Ribadeo D.Diego de Villalpandro, deudo dos condes daquela vila que, por cuestión de amoríos, viuse envolto nun duelo que resolveu atravesando coa espada o corazón do contrincante. Por temor á xustiza fuxíu de Ribadeo e non parou deica as proximidades Burgos. Alí, para ocultar a súa personalidade trocou o apelido, pasando a chamarse don Diego de Villadiego. O duelo transcendeu e houbo en Ribadeo interrogatorios sobre as andanzas do criminal, e o xuiz víuse obrigado a requerir qué veredas tomaría don Diego: Las de Villadiego contestaron, e era verdade.
O maxistrado despachou exhortos á vila de Villadiego en requisa de Diego de Villalpando, contestando os daquéla que alí non había mais Diego que o de Villadiego, e tiñan razón.
E así prevaleceo tal dito para definir unha fuga venturosa co correspondente burlete ó decir: tomou as de Villadiego.
Vesteiro foi unha alma atormentada e o fracaso de Galicia Literaria e a influencia do espíritu romántico da época propiciaron que o 3 de febreiro de 1837 rematara coa súa vida con un tiro na sien, no paseo do Prado de Madrid, ó xeito que uns antes o fixera o romántico Mariano José de Larra.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora