Pais, fillos e drogas
Editorial - jueves, 09 de noviembre de 2006
A droga é un problema permanente. Sempre está ahí.
Pode resultar que de repente determinados temas ocupan o primeiro plano da actualidade, e que outros asuntos reemplazan a estes, e en fin vanse encadeando acontecementos que nos atraen irremisiblemente facendo que a actualidade quede condicionada por eses temas de moda.
Pero pasarán eses temas e quedaranos a droga. É a espada de Damocles que pende sobre esta sociedade, teñamos ou non conciencia dela.
Todos cremos saber que o mellor xeito de loitar contra a droga é a información. A información sobre os seus efectos, por parte da Administración, de fundacións, de especialistas, dos mesmos afectados. Hai que falar do tema nos colexios, nas igrexas, nos bares, nas oficinas, e nas casas. Especialmente nas casas.
Porque a falla de diálogo entre pais e fillos pode ser tamén decisivo para que a droga entre nunha casa.
Causa horror enterarse que máis de cincuenta pais de familia de Galicia, cada ano, remiten ó Instituto galego de Medicina Legal, mostras orgánicas dos seus fillos, preferentemente pelo, para a través das análises saber se se drogan ou non.
Métodos policiales que nunca poderán substituir á conversa para informarse, para informar, para previr o que pode destruir a familia desde a súa base.
Os pais non poden ser policías dos seus fillos. Os temas hai que calculalos, planificalos, desde moito antes.
Pais, fillos, drogas. Tres elementos que teñen que coincidir permanentemente. Se así non é, despois valerá moi pouco lamentarse.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora