Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que paguen os pombos, que vivan os listos

lunes, 11 de abril de 2016
Papeis de Panamá. Paraísos fiscais. E os pobres desgraciados traballando para que, despois, Facenda te mire con cen ollos; e coidadiño con que torzas o rego. Ía dicir catro listos, pero son miles os que, para máis aquel, se rin de nós, pois a maiores de ganar cartos a esgalla, sácanos de aquí para non tributar. E seguro que, logo, son os que máis protestan porque o país non ten nada de nada. Facenda somos todos. É un dicir.
Que paguen os pombos, que vivan os listos
Facenda somos catro pombos para que miles de monos vivan á nosa conta. Miles porque se está vendo que non se salva ninguén. Sempre intentei separar as actividades das persoas coas súas personalidades. Defendo o traballo de Charlton Heston ante a presidencia ou colaboración da Asociación do Rifle. Defendo o xogo de tal xogador ante as palabras ou feitos que se saen do normal. Pero cando nos tocan a economía, o suor da nosa fronte é moi difícil ás veces seguir defendéndoos.

Lembro o detalle do humorista Pedro Ruiz que se mofaba de que, se podía, defraudaba a Facenda, ou a Lola Flores pedíndolle unha peseta a todos os españois para poderlle pagar ó organismo económico unha multa por evasión de impostos. É que aínda por encima, rinse de nós. Non podo mirar hoxe de igual maneira a todo un Nobel como Vargas Llosa ou a todo un crack como Messi ou o bo traballo interpretativo de Imanol Arias ou a ese inmenso Pedro Almodóvar, cando sei que lles estamos pagando hospitais, estradas, escolas… mentres eles acumulan cartos ou crean empresas falsas fóra do país.

Que paguen os pombos e que vivan os listos. Así de simple. Así é. Así será.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES